Novas de Cervo
Cervo cede un espazo en Sargadelos aos Amigos do Camiño do Mar e achega 5.000 euros
A asociación terá a súa sede na Sala de Cultura Xosé Vizoso para impulsar a promoción da ruta xacobea, que este domingo celebrará a súa terceira etapa entre Cervo e Xove
Dolores García: "A concesión da bandeira verde supón un impulso para continuar avanzando cara a un modelo máis sostible"
O recoñecemento da Xunta distingue as medidas municipais para mellorar a eficiencia enerxética, reducir residuos, recuperar espazos naturais e favorecer a biodiversidade
A alcaldesa de Cervo pide á Deputación que asuma a ampliación e a xestión do Museo do Mar de San Cibrao
A proposta do goberno local foi aprobada por unanimidade no pleno, mentres o Concello se compromete a ceder a edificación anexa e humanizar a contorna do museo con fondos propios
Cervo camiña contra o cancro cunha andaina solidaria e un xardín rosa
A actividade reuniu participantes nunha xornada de apoio á loita contra a enfermidade, que rematou coa plantación de flores de tempada na contorna do parque Reina Sofía
A pintura de Xolo enche de cor a Casa da Cultura de Cervo coa exposición "Arte neofuturista"
A mostra do artista Xosé López Losada, vinculado á asociación Saúde Mental A Mariña, foi inaugurada coa presenza de representantes municipais e compañeiros do autor
A asociación Mistura de Lieiro organizou unha limpeza na praia de Cubelas para conservar o litoral de Cervo
A xornada enmarcouse no Plan de Acción de Alcoa e contou coa participación de persoas voluntarias, ás que a alcaldesa, Dolores García Caramés, agradeceu a súa colaboración
A capela do Guioncho mellora os seus accesos coa colaboración da Comisión de Festas de Lieiro
Os traballos incluíron a limpeza das escaleiras, a colocación de grava e a plantación de especies de temporada
Comedia, memoria e vinganza no teatro amador de A Mariña
Os grupos A Mariña, A Caxiga, Colectivo Cultural Ollomao e O Torques actuarán entre o sábado 17 e o domingo 18 de outubro
O Sanci Tapeando regresa este xoves con sete locais e tapas a tres euros
A iniciativa gastronómica, coa colaboración do Concello de Cervo, arrinca o 15 de outubro con propostas que van desde un falso risotto de cogomelos ata unhas albóndegas mariñeiras
Cervo incorpora o programa Xantar na Casa para atender ata 15 persoas vulnerables
O Concello destinará 1,95 euros por persoa e día a este servizo de comida a domicilio, que busca garantir unha alimentación equilibrada e favorecer a permanencia no fogar
Cervo mobiliza case dous millóns de euros para renovar equipamentos e infraestruturas municipais
A maior parte dos fondos procederá do remanente de tesourería e 500.000 euros serán achegados pola Xunta para renovar o complexo deportivo A Veiga
A Deputación adxudica por 245.000 euros a mellora de dous treitos de estradas en Cervo
As actuacións abranguerán preto de catro quilómetros de vías que comunican núcleos como Trasbar, Vilaestrofe e Sargadelos e melloran as conexións coa N-642 e co Hospital da Mariña
Cervo abre unha nova edición de Arruguiñas con máis actividades para os maiores de 60 anos
A programación incorpora novas propostas como terapia con maiores e amplía a iniciación á lingua de signos, ademais de reforzar as actividades no Centro de Día Residencia
O BNG leva ao Parlamento a residencia de Cervo e reclama que a Xunta asuma a súa xestión pública
Os nacionalistas cuestionan o incremento das tarifas coa nova concesión e critican que ningunha das 24 residencias anunciadas polo Goberno autonómico estea prevista na Mariña
'De Cobo a Xunco' encara a súa recta final en Cervo cunha gran gala en San Cibrao
Oswaldo Digón e Víctor Grande protagonizarán a última cita do festival de narración oral, que terá a Carmen Conde e Felipe Díaz "Caxoto" como mestres de cerimonias
Mariña Patrimonio inicia catas arqueolóxicas no castro de Rueta, en Cervo
Mariña Patrimonio desenvolverá os traballos ao longo desta semana nunha intervención subvencionada pola Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo
Cervo reúne este sábado ás novas promesas do xadrez nun torneo en Sargadelos
A competición desenvolverase desde as 10.00 horas na sala cultural Xosé Vizoso e estará aberta a participantes das categorías Sub 8 á Sub 18
Eventos
Cervo renova a sinalización viaria de San Cibrao cun investimento de máis de 30.000 euros
Os traballos, financiados integramente con fondos municipais, actúan en pasos de peóns, prazas de estacionamento, liñas de carril e outras marcas de numerosas rúas
Cervo contará por primeira vez cunha escola de música propia
O proxecto impulsado por Chus e Xacobe instalarase no antigo edificio do FOREM e ofrecerá formación personalizada tanto a nenos e nenas como a persoas adultas
Cervo abre as inscricións para unha nova tempada das Escolas Deportivas Municipais
A programación ofrece cinco modalidades para as crianzas e catro para adultos, con preferencia de acceso para as persoas empadroadas no municipio
Cervo Concilia pecha o verán tras reunir preto de 150 nenos e nenas
O programa municipal combinou deporte, natureza, idiomas e propostas creativas e estreou o servizo Cervo Madruga para ampliar as posibilidades de conciliación
Cervo recibe 84.000 euros para mellorar a piscina de Lieiro, o alumeado e a pista de Pedrosa a Viladesuso
As actuacións céntranse na accesibilidade dos vestiarios da piscina, na renovación da iluminación da avenida da Mariña e na rehabilitación da vía entre Pedrosa e Viladesuso
Cervo renova o Diploma de Ouro de Praias sen Fume con catro areais na rede galega
O Torno, A Caosa, Cubelas e Rueta forman parte da iniciativa coa que se busca fomentar hábitos saudables e reducir a presenza de fume e residuos de tabaco nos areais
Cervo renova o seu apoio a Saúde Mental A Mariña
O convenio permitirá dar continuidade á atención ás persoas con problemas de saúde mental e ás súas familias, así como ás iniciativas que a entidade desenvolve no municipio










