Novas de Trabada
O PP de Trabada denuncia unha subida do IBI e reclama explicacións ao goberno local
A formación popular vincula o incremento da contribución ás recentes subas da auga e do lixo e reclama información sobre o destino dos ingresos municipais
A Deputación achega case 40.000 euros para reabrir o PAI de Trabada
O servizo retomou a actividade en setembro tras dous anos pechado e atende actualmente cinco nenos e nenas, coa previsión de incorporar outros tres nos próximos meses
Os Cabaleiros de Trabada prepara a segunda Ruta Caballar para o 17 de abril
A asociación volverá reunir os afeccionados ao mundo ecuestre nunha xornada de convivencia, aínda sen programa oficial pechado
Unha veciña reclama claridade sobre o desconto de Mondigo tras meses sen recibir a resolución
A familia presentou a solicitude o primeiro día, pero asegura que segue sen recibir unha comunicación formal e cuestiona as condicións para activar a bonificación
A Deputación de Lugo entrega os VII Premios á Excelencia Turística a catro iniciativas
Os premiados: viños de Ribeira Sacra, torneiros de Xermade, Enfariñada de Trabada, Ruta Arqueolóxica e a Feira Indiana de Santaballa
Trabada viaxará a Portugal en novembro cunha ruta por Oporto, Aveiro e o Bom Jesus do Monte
A nova saída do programa "Viaxa co Concello de Trabada" desenvolverase do 6 ao 8 de novembro e terá un prezo de 280 euros por persoa, con prioridade para a veciñanza empadroada no municipio
Sante prepara para novembro a segunda edición do seu Maratón de Tute
A competición, organizada pola Asociación de Veciños San Julián de Sante, comezará ás 11.00 horas e as inscricións abrirán o 15 de outubro
A terceira Carreira Vía Verde do Eo percorrerá 12 quilómetros entre A Pontenova e San Tirso de Abres
A proba regresará o 19 de setembro cun cambio no sentido do percorrido e atravesará os concellos da Pontenova, Trabada e San Tirso de Abres
Trabada leva ás parroquias un novo curso de terapia ocupacional para as persoas maiores
As sesións comezarán a finais de setembro e prolongaranse ata xuño con exercicios físicos e cognitivos destinados a favorecer un envellecemento activo
O CEIP Celso Currás estrea unha nova caldeira tralos problemas coa calefacción do pasado inverno
O PP de Trabada celebra que Educación substituíse o equipamento durante o verán e reclama ao Concello que actúe sobre portas, cristais e baños deteriorados
Sante recupera as artes tradicionais con novos obradoiros de cestería, restauración e tapicería
A Asociación de Veciños San Julián de Sante retomará as actividades en outubro no Teleclub e manterá aberto o prazo para anotarse ata o 20 de setembro
O PP cuestiona que Trabada gaste 50.000 euros en mover uns metros a pista de pádel
Os populares denuncian falta de planificación ao ter que cambiar de lugar unha instalación que custou preto de 40.000 euros para habilitar a área de autocaravanas
Trabada mellora os accesos ao local social de Fórnea para facelos máis seguros e accesibles
Os traballos inclúen a renovación da varanda, a ampliación do espazo público e o formigonado da contorna da antiga escola
Sante prepara a terceira Voltiña cun percorrido a pé e unha gran paellada
A cita celebrarase o domingo 30 de agosto con saída ás 11.00 horas desde o Teleclub e ofrecerá dúas alternativas de 6,5 e 8,5 quilómetros
Vidal, en Trabada, estrea un novo espazo público coincidindo coas Festas de San Bartolomé
A zona acondicionada poderá empregarse como aparcadoiro durante os eventos e acoller outras actividades da parroquia
A Vía Verde do Eo volverá unir A Pontenova, Trabada e San Tirso de Abres a través do deporte
A terceira edición da carreira celebrarase o 19 de setembro cun percorrido aproximado de 12 quilómetros e cambiará este ano o sentido da proba, con saída na Pontenova e chegada en San Tirso de Abres
O PP provincial rexeita a suba das tarifas dos centros de maiores e alerta de incrementos de ata 810 euros en Trabada
Os populares reuníronse con familiares de usuarios do centro e reclaman á Deputación de Lugo que revise os novos prezos, que aseguran que nalgúns casos aumentan máis dun 60 %
Eventos
Trabada vivirá unha fin de semana de festa entre Trabadela e o Alto da Cadeira
A programación dos días 7 e 8 de agosto incluirá gastronomía, música, actividades infantís e a consolidada Xira da Cadeira
Trabada abre este martes o prazo para inscribirse nos programas Madrugadores e Ludiseráns
As familias poderán solicitar praza ata o 26 de agosto para os servizos de conciliación do curso escolar 2026-2027
Trabada inicia a mellora da contorna da capela de San Miguel en Vilapercide
A actuación permitirá reforzar a seguridade, recuperar a fonte e ampliar o espazo destinado ás celebracións veciñais
Trabada recupera a súa memoria colectiva a través da fotografía e o cine co programa Veiguello 2026
A iniciativa da Asociación Cultural Veiguello, coa colaboración do Concello e da Deputación de Lugo, desenvolverá actividades culturais en diferentes parroquias entre o 28 e o 31 de xullo
Trabada obtén máis de 35.000 euros para iniciar a reparación dos vestiarios do pavillón municipal
A axuda permitirá acometer a primeira fase das obras tras o incendio de xaneiro, mentres o Concello continúa buscando financiamento para restaurar o resto das instalacións
O PP de Trabada critica o atraso nos desbroces e reclama unha mellor planificación
Os populares consideran que aínda hai áreas de descanso e espazos públicos sen acondicionar e piden que estas actuacións se executen con máis previsión
Trabada reparte gafas homologadas entre os campamentos de verán para observar con seguridade a eclipse solar
O Concello dota aos participantes do Campamento de Verán e do Campamento Xuvenil de material de protección grazas á colaboración da Deputación de Lugo e anima á veciñanza a vivir un acontecemento astronómico excepcional










