Comezan en Trabada as obras de reforma da estrada que conecta Fórnea con Vidal e Valboa

AMariñaXa
A intervención abrangue aproximadamente seis quilómetros de vía e conta cun investimento de algo máis de 300.000 euros
obras-trabada-fornea-vidal-e-valboa
27 Oct 2026

O Concello de Trabada informa do inicio das obras de reforma da estrada municipal que conecta a parroquia de Fórnea cos lugares de Vidal e Valboa, unha vía que sufriu importantes danos como consecuencia dos traballos do parque eólico Mondigo.

As obras comezan despois dun longo proceso administrativo que permitiu chegar á fase de execución dun proxecto necesario para recuperar as condicións desta estrada municipal.

A intervención abrangue aproximadamente seis quilómetros de vía e conta cun investimento de algo máis de 300.000 euros.

A reforma permitirá acondicionar o trazado afectado e mellorar as condicións de circulación nunha estrada que comunica diferentes núcleos do municipio e que resulta importante para os desprazamentos habituais da veciñanza.

0.14276099205017