Novas de A Pontenova
A Pontenova celebrará o Magosto cunha andaina de 5,6 quilómetros e un xantar
A Asociación Cultural e Deportiva Carro Tarabelo organiza a xornada, que rematará cunha comida a base de empanada e castañas asadas na Praza dos Fornos
Poñen en valor na Pontenova o comercio de proximidade na Mariña
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe varios establecementos comerciais e, á tarde, asistirá á Gala anual da Asociación de comerciantes industriais, servizos e autónomos de Ribadeo (Acisa)
A Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón prepara tres novas rutas turísticas
As xornadas de ensaio celebraranse os días 19, 20 e 26 de outubro e están abertas gratuitamente a profesionais e entidades vinculadas ao turismo do territorio
Comedia, memoria e vinganza no teatro amador de A Mariña
Os grupos A Mariña, A Caxiga, Colectivo Cultural Ollomao e O Torques actuarán entre o sábado 17 e o domingo 18 de outubro
O programa 'Lugo de corazón a corazón' achegará a prevención cardiovascular a 16 concellos da provincia
A Deputación achega 8.217,50 euros a ACARLU para organizar sesións sobre prevención, hábitos saudables, primeiros auxilios e reanimación cardiopulmonar desde este mes ata a primavera
A Pontenova leva a ximnasia de mantemento a cinco núcleos do municipio
A actividade comezará o 2 de outubro en Xudán, A Pontenova, Villameá, Rececende e Acebro, con sesións todos os venres e sen necesidade de inscrición previa
A Pontenova recibe 250.000 euros para mellorar a escola de Vilaodriz, camiños e o depósito de Vileimil
O convenio permitirá actuar no local social de Vilaodriz, acondicionar dous camiños en Cova e Peizais e impermeabilizar o depósito de auga de Vileimil, ademais de financiar outros investimentos municipais
A terceira Carreira Vía Verde do Eo percorrerá 12 quilómetros entre A Pontenova e San Tirso de Abres
A proba regresará o 19 de setembro cun cambio no sentido do percorrido e atravesará os concellos da Pontenova, Trabada e San Tirso de Abres
Saldoira celebra a súa primeira Festa do Bolo Preñado cunha xornada de gastronomía e música
A primeira edición celebrarase o domingo 20 de setembro desde as 13.00 horas e ofrecerá un menú con dous bolos, bebida, sobremesa, café e chupito por 12 euros
As carrilanas volverán tomar A Pontenova nunha xornada de velocidade e festa
A competición contará con adestramentos e tres mangas oficiais antes dunha entrega de premios que dará paso á churrascada e á música
A Pontenova, Trabada e O Vicedo, entre os concellos beneficiarios das axudas para reforzar a prevención de incendios
O Goberno autonómico destina máis de 265.200 euros a doce municipios da provincia de Lugo para adquirir vehículos e equipamento destinado a labores de limpeza e desbroce
Carro Tarabelo recuperará na Pontenova a memoria das carolas e dos seus baños de mar
A nova asociación cultural prepara para o 5 de setembro un encontro arredor das mulleres que viaxaban desde o interior ata a costa e pide a colaboración das familias para reunir historias e lembranzas
O río Eo acollerá unha nova edición do BaixEO cun percorrido lúdico e unha festa popular na Pontenova
A actividade reunirá aos participantes o 22 de agosto cun descenso fluvial, o XXIV Gran Faragull-EO e unha programación pensada para compartir en familia
A educación da comarca levanta a voz
O deterioro dos centros educativos reabre o debate sobre a necesidade de reformas integrais fronte aos pequenos arranxos, nunha comarca onde varios colexios reclaman actuacións para adaptar unhas instalacións con décadas de uso
Barreiros servirá 1.500 racións na oitava edición da Festa do Ovo Frito
A cita gastronómica celebrarase este venres 14 de agosto no campo do Cascabeiro e completarase cunha verbena a cargo do Dúo ÉPOKA e Disco Móvil The Sound Project
Natureza e astronomía únense na Pontenova para seguir a eclipse solar total
A actividade, gratuíta e con prazas limitadas, combinará divulgación científica e observación segura deste fenómeno astronómico o vindeiro 12 de agosto
A Pontenova recupera o cine de verán cunha proxección ao aire libre de E.T. O extraterrestre
A Praza dos Fornos acollerá o 6 de agosto unha sesión gratuíta organizada pola ANPA do CEIP A Pontenova coa colaboración do Concello
Eventos
A Deputación desbloquea a recta final do Centro de Atención a Maiores da Pontenova
A institución provincial encarga a Tragsa a conclusión da residencia tras resolver a situación derivada da paralización das obras pola quebra da empresa adxudicataria
San Pedro de Fiz celebrará a súa tradicional romaría o 2 de agosto
A parroquia de Vilarmide, na Pontenova, acollerá unha intensa xornada festiva con misas, sesión vermú, baile sobre cabalo e servizo de pulpería durante todo o día
Aprazado o Descenso de Carrilanas da Pontenova por motivos administrativos
A organización anunciará proximamente a nova data da proba e garante a validez dos seguros xa abonados ou a devolución do importe no caso de non poder asistir
A Pontenova celebrará o 25 de xullo unha nova edición do Descenso de Carrilanas
A xornada incluirá verificacións, adestramentos, tres mangas oficiais e un pincho para os participantes
A Pontenova acollerá tres días de espectáculos para toda a familia no seu Festival de Maxia
O programa inclúe actuacións para todos os públicos, maxia de preto, galas, humor, ventriloquía e actividades infantís entre o 24 e o 26 de xullo
A Casa da Cultura da Pontenova acolle esta tarde a presentación do libro 'El ferrocarril de Villaodrid a Ribadeo'
Trátase dunha obra do historiador José Antonio Gómez Martínez dedicada á historia da liña ferroviaria e á súa influencia no desenvolvemento da comarca
A Pontenova reivindica a tradición cabalar cunha fin de semana de festa no Alto de Neipín
A III Rapa das Bestas incluirá degustacións gratuítas, exhibicións ecuestres, música e unha comida popular para poñer en valor o cabalo de pura raza galega








