Unha andaina por Alfoz descubrirá a Pena Abaladoira e a Fervenza do Escouridal

AMariñaXa
A ruta, guiada por Ana Pena, percorrerá algúns dos enclaves naturais do municipio nunha xornada con saída en autobús desde A Pontenova
carro-tarabelo-andaina-alfoz
15 Sep 2026

A asociación Carro Tarabelo organiza para o sábado 26 de setembro unha nova xornada de sendeirismo que terá como destino Alfoz e permitirá aos participantes coñecer espazos naturais como a Pena Abaladoira e a Fervenza do Escouridal.

O percorrido terá unha distancia aproximada de 9 quilómetros, cun desnivel negativo de 470 metros e unha dificultade media-baixa. A andaina contará co acompañamento de Ana Pena, de "Guía Tu Día", que se encargará de guiar aos participantes ao longo do itinerario.

A xornada comezará ás 8.00 horas na Praza dos Fornos da Pontenova, onde se concentrará o grupo. Ás 8.15 horas partirá o autobús cara a Alfoz e ao punto no que se iniciará a ruta.

A previsión é finalizar a andaina arredor das 13.45 horas, momento no que o grupo se desprazará en autobús ata Ferreira do Valadouro. Ás 14.35 horas está prevista unha comida no Restaurante Asturias, tras a que os participantes regresarán á Praza dos Fornos da Pontenova.

A actividade está limitada a un máximo de 35 persoas. O prezo é de 30 euros para os socios e socias de Carro Tarabelo e de 35 euros para o resto dos participantes. A cantidade inclúe o seguro de responsabilidade civil, os desprazamentos de ida e volta en autobús e a comida.

As persoas interesadas poden reservar praza enviando unha mensaxe de WhatsApp ao 607 42 94 54 (Carlos). Unha vez confirmada a dispoñibilidade, facilitaranse os datos para efectuar o pagamento. O prazo permanecerá aberto ata o mércores 23 de setembro.

REPORTAXE

0.15343809127808