Novas de Mondoñedo
Mondoñedo homenaxeará a Francisco Piñeiro o sábado coa entrega do título de Fillo Predilecto
O acto terá lugar no Auditorio Municipal Pascual Veiga e incluirá intervencións de persoas vinculadas ao homenaxeado, actuacións musicais e a entrega da distinción
Queremos Galego inicia o sábado en Mondoñedo a recollida de sinaturas pola ILP Lingua Vital
A campaña precisa reunir 10.000 apoios para impulsar unha lei que garanta a presenza do galego en todos os ámbitos da sociedade
O Parlamento de Galicia recoñece a traxectoria da mestra mindoniense Andrea López Chao
A homenaxe institucional recupera a figura dunha pioneira da educación e do asociacionismo galego na Habana, cuxo legado foi reivindicado nos últimos anos con investigacións, unha rúa, un documental e diferentes actos conmemorativos
A Diocese de Mondoñedo-Ferrol organiza a primeira Ruta dos Santuarios o 14 de novembro
A xornada incluirá visitas guiadas, unha comida en Foz e unha eucaristía presidida polo bispo; o prazo para anotarse remata o 11 de novembro
Os Premios Son Muller celebrarán a súa novena edición o 11 de decembro en Mondoñedo
A convocatoria de AELU recoñecerá iniciativas empresariais lideradas por mulleres en tres categorías
Os concellos da Mariña súmanse á homenaxe ás vítimas do accidente ferroviario de Toledo
As entidades locais convocaron onte un minuto de silencio ás 20.00 horas en resposta ao chamamento da Federación Española de Municipios y Provincias para expresar o seu pesar polo sinistro e mostrar a súa solidariedade coas persoas afectadas
Mondoñedo celebrará o seu magosto tradicional o 7 de novembro con castañas, viño e chocolate
A xornada incluirá un percorrido de truco ou trato de Samaín polas rúas do centro ás 18:00 horas e un magosto con música de Os Carricantos a partir das 20:00 horas
Mondoñedo recupera o legado de Andrea López Chao, pioneira na defensa das mulleres galegas en Cuba
A mestra mindoniense será homenaxeada polo Parlamento de Galicia o 4 de novembro, mentres que o 27 de outubro se estreará un documental sobre a súa vida e o seu labor educativo e social
As San Lucas encaran a súa recta final con Luar na Lubre, Xabier Díaz e o folclore como protagonistas
A programación chega á súa recta final con xogos tradicionais, un encontro folclórico e os concertos gratuítos de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e Luar na Lubre antes da despedida do domingo
Xabier Díaz e Luar na Lubre protagonizan o peche musical das San Lucas de Mondoñedo
A festa, que celebra a súa 870ª edición, despedirá a fin de semana cunha xornada de tradición e cultura que incluirá xogos populares, pasarrúas e un encontro folclórico
Plans con corazón ofrece as últimas prazas para descubrir os muíños de Xove e as lendas do río Rigueira
A ruta do domingo 25 de outubro será unha das próximas propostas deste programa de visitas guiadas pola Mariña Lucense, mentres que a actividade de Mondoñedo dedicada á literatura e á música xa ten todas as prazas cubertas
Mondoñedo prepara un curso para achegar o galego e a cultura de Galicia
A formación presencial terá lugar entre o 20 e o 30 de outubro e combinará aprendizaxe lingüística con contidos sobre historia, tradicións e vida cotiá
O BreaSon regresa a Mondoñedo o 7 de novembro con Ünder, Familia Caamagno e Mercedes Peón
A Asociación Xuvenil Xoldra avanza os primeiros nomes do cartel, que tamén contará con actividades culturais paralelas aínda por anunciar
Pontón presenta a Eloi Cabanas como candidato á Alcaldía de Mondoñedo "para gañar no económico e no social"
“Ten que volver ser un concello BNG cun proxecto solvente para abrir un tempo novo a favor da veciñanza”, destaca a líder do Bloque
Mondoñedo recupera o esplendor das San Lucas con dez días de tradición, cabalos e música
A programación desenvolverase do 16 ao 25 de outubro e combinará a esencia gandeira da feira con concertos, folclore, actividades infantís, humor e espectáculos ecuestres
A Biblioteca do IES San Rosendo impulsa un club de lectura para adultos e familias
A primeira reunión será o mércores 14, ás 12.00 horas, na Vinoteca Segundo, situada na praza do Concello
Cando a beleza tamén fala da guerra
Un recuncho de reflexións sobre o infinito universo da cultura
Eventos
Veciños da Rúa da Fonte de Mondoñedo cuestionan o cambio de nome por Xosé Vizoso sen consulta previa
Os propietarios presentaron alegacións ao acordo municipal e propoñen homenaxear o artista con murais ou esculturas, ou ben dedicar ao seu nome outra vía ou espazo público
Abraham Cupeiro fará latexar a memoria da Catedral de Mondoñedo co espectáculo 'O latexo das catedrais'
A creación, concibida especificamente para o templo, ofrecerá dous pases o domingo 18 de outubro dentro das San Lucas, que celebran 870 anos de historia ininterrompida
Mondoñedo recupera o toque manual das campás e convérteo nunha experiencia para os peregrinos
A iniciativa da Asociación O Camiño Norte. De Catedral a Catedral achega aos peregrinos o patrimonio sonoro da cidade a través de tres propostas
O Castro de Zoñán amosará os resultados das escavacións de 2026 nunha visita guiada
A actividade será o sábado 3 de outubro e permitirá coñecer as novas estruturas e cabanas descubertas nunha campaña que documentou materiais de entre os séculos I e V d.C.
As dez peñas do Real Madrid na provincia de Lugo reúnense por primeira vez nun encontro con 200 afeccionados
A xuntanza celebrouse no Pazo de Feiras e contou coa presenza de representantes do club e de antigos deportistas como Agustín Rodríguez, Chechu Biriukov e Alfredo Escobar
Unha nova escavación no castro de Zoñán busca ampliar o coñecemento sobre o xacemento
Os traballos, cunha duración prevista de 20 días, permitirán escavar outros 40 metros cadrados e inclúen actuacións de protección das estruturas xa recuperadas
As San Lucas avanzan cara á declaración de Festa de Interese Turístico Nacional
Turismo de Galicia avala a candidatura dunha celebración con máis de oito séculos de historia que reúne arredor de 40.000 persoas e mantén o cabalo como un dos seus grandes sinais de identidade








