A convivencia entre o lobo, os cabalos e as persoas centrou un encontro no marco das San Lucas

AMariñaXa
O Auditorio Pascual Veiga de Mondoñedo acolleu unha xornada para reflexionar sobre os desafíos que implica compartir un mesmo territorio
charla-lobo-As-San-Lucas-de-Mondoñedo-26
22 Oct 2026

A convivencia entre o lobo, os cabalos e as persoas, unha realidade que forma parte do rural desde hai séculos, centrou un encontro celebrado no Auditorio Pascual Veiga de Mondoñedo, no marco da programación das San Lucas 2026.

A xornada serviu para reflexionar sobre os desafíos que implica compartir un mesmo territorio, así como para escoitar diferentes perspectivas e abordar os retos que esta convivencia presenta na actualidade.

O encontro puxo o foco nunha cuestión relevante para o presente e o futuro do rural, onde a relación entre as persoas, a fauna salvaxe e os animais vinculados á actividade tradicional continúa a suscitar debate.

0.59040403366089