Novas de Xove
Xove contará con seis alumnos-traballadores no novo obradoiro de emprego con Burela e Cervo
O programa formará a 20 persoas en xardinaría durante 1.440 horas e permitirá realizar actuacións en zonas verdes, espazos municipais e rutas de sendeirismo
Xove reunirá ás palilleiras na décimo quinta edición do seu encontro
O Pavillón Municipal de Deportes acollerá unha xornada de mañá e tarde dedicada ao encaixe de palillos, con inscricións abertas ata o 30 de setembro
A Escola Municipal de Música de Xove abre a matrícula cunha nova proposta coral para adultos
As solicitudes para o novo alumnado poderán presentarse ata o 30 de setembro e este curso reforzarase a educación vocal cunha oferta tamén dirixida ás persoas adultas
Ecoloxistas Galiza Atlántica e Verde denuncia novas nubes de po procedentes da balsa de Alcoa
O colectivo asegura que os días 29 e 30 de agosto o vento levantou residuos da superficie do depósito e reclama inspeccións na piscifactoría de Pescanova e nas explotacións gandeiras próximas
Portocelo, en Xove, prepara tres xornadas de celebración na honra da Nosa Señora
As festas desenvolveranse do 4 ao 6 de setembro cun programa que combina gastronomía, verbenas e sesións vermú
O PSOE de Xove reivindica a súa xestión para impulsar as melloras nas estradas do municipio
Os socialistas destacan o financiamento da Deputación para a estrada do Cruceiro a Portocelo e cifran en máis de 1,6 millóns os fondos provinciais destinados este ano ao concello
Xove celebra catro décadas do Festival San Bartolo cunha nova cita co folclore galego
A Asociación Cultural Saiñas organiza o encontro o sábado 29 de agosto no Pavillón Municipal, coa participación da Agrupación Folklórica O Arco da Vella
O BNG de Xove critica o uso de intelixencia artificial sen revisión nas redes sociais do Concello
A formación nacionalista cuestiona un cartel municipal sobre a eclipse no que, segundo denuncia, as fotografías empregadas non se corresponden cos lugares identificados
Portocelo, en Xove, celebrará tres días de festa con música, gastronomía e grandes verbenas
Os festexos na honra da Nosa Señora desenvolveranse do 4 ao 6 de setembro cunha paella de marisco, sesións vermú e actuacións de La Hora Bruja, Da Silva, Charleston Big Band e Cinema
Xove amplía a súa rede de cardioprotección con tres novos desfibriladores de última xeración
O municipio alcanza os cinco equipos distribuídos en puntos estratéxicos e reforzará a formación da veciñanza para mellorar a resposta ante emerxencias
Xove homenaxea a Mateo tras representar a Galicia nos GAA World Games
O Concello recoñece a traxectoria do deportista e reafirma o seu apoio ao deporte e aos atletas locais
A Festa do Percebe de Xove reivindica a excelencia do marisco galego na súa décimo terceira edición
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, destacou o traballo dos percebeiros lucenses durante unha celebración na que se repartiron máis de 1.500 racións
O fútbol base encherá de emoción o verán co regreso do torneo tres por tres en Xove
O prazo de inscrición para este popular evento deportivo permanecerá aberto ata o dezasete de xullo con prazas limitadas
Lago celebra as súas festas patronais do 17 ao 19 de xullo cun programa de música, gastronomía e tradición
As celebracións na honra á Virxe do Carme e San Antón incluirán verbena, sesións musicais, churrasco e actos relixiosos no Campo da Festa de Lago
Xove consolídase como unha das sedes de referencia do calendario nacional de Pumptrack
O IV Gran Premio Concello de Xove, cuarta cita da Copa de España de Pumptrack, reuniu na localidade a destacados especialistas desta modalidade
O BNG de Xove reclama unha mellor planificación dos desbroces nas pistas municipais
A formación nacionalista levará ao pleno de setembro unha iniciativa para que o Concello coordine estes traballos atendendo ás necesidades da veciñanza e ao mantemento do patrimonio local
O PSdeG de Xove denuncia problemas de abastecemento no municipio
Os socialistas reclaman actuacións estruturais no sistema de abastecemento e consideran insuficiente recorrer a cisternas para facer fronte á escaseza de auga
Eventos
OcioenGalicia
Esmorga Fest 2027
OcioenGalicia
Fiestas de Monterroso 2026
OcioenGalicia
XVI Carreira Val das Fabas de Lourenzá
OcioenGalicia
III Son Urbán de Barreiros
OcioenGalicia
II CoiRock
OcioenGalicia
António Zambujo presenta “Oração ao Tempo” en A Coruña
Catro percorridos gratuítos guiarán aos visitantes polos tesouros agochados de Xove este verán
O Concello organiza un programa de sendeirismo ambiental e cultural para os meses de xullo e agosto con prazas limitadas
Ecoloxistas Galiza Atlántica e Verde denuncia posibles residuos contaminantes procedentes da balsa de Alcoa
A entidade solicita unha investigación urxente sobre a orixe dos materiais e reclama medidas cautelares para protexer a saúde pública e o medio ambiente
A praia de Lago, en Xove, acollerá unha tarde de xogos e diversión coa Festa Acuática
A cita celebrarase o sábado 4 de xullo a partir das 16.30 horas e contará con inchables acuáticos para o desfrute de pequenos e maiores
Xove acollerá unha limpeza científica da praia de Esteiro para avanzar na loita contra a contaminación mariña
Voluntarios e técnicos recompilarán datos sobre os residuos plásticos nunha iniciativa impulsada por Universal Plastic e Resurrection Fest para mellorar a conservación do litoral
A Escola de Maiores de Xove pecha o curso cunha xornada de convivencia e entrega de diplomas
O Concello impulsa novas actividades de memoria e estimulación cognitiva para persoas maiores de 60 anos tras o remate do programa formativo
Burela rende homenaxe a Rodrigo Maseda antes do inicio do Memorial Heroes de Orzán
O torneo de fútbol sala base reunirá a preto dun milleiro de participantes en diferentes concellos da Mariña
A ACD Xove abre o prazo de inscrición para as súas escolas deportivas e culturais do curso 2026-2027
A entidade ofrecerá unha ampla programación de actividades para todas as idades, con matrícula aberta ata o vindeiro 5 de xullo




