A estrada da Barxa, en Xove, pechará ao tráfico polos traballos de mellora da ponte

AMariñaXa
Os traballos xeotécnicos obrigarán a interromper a circulación para permitir o acceso da maquinaria, aínda que se manterá a entrada ás dúas vivendas da zona
CIERRE-CARRETERA-A-BARXA---LAGO
28 Aug 2026

A estrada da Barxa permanecerá pechada ao tráfico durante tres días debido aos traballos previos para a mellora da ponte situada neste punto. O corte afectará á circulación os días 31 de agosto e 1 e 2 de setembro.

Durante estas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos destinados a coñecer as características do terreo e obter os datos necesarios para definir e executar posteriormente as actuacións previstas na infraestrutura.

As tarefas requiren a presenza de maquinaria e persoal técnico directamente sobre a ponte, circunstancia que impide compatibilizar os traballos co paso de vehículos. Por este motivo, será necesario manter interrompida a circulación mentres se desenvolvan as probas.

Recoméndase ás persoas que empregan habitualmente esta estrada que durante os tres días de corte utilicen outras vías alternativas e paralelas para realizar os seus desprazamentos.

A restrición terá unha excepción para garantir o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa, ás que si se poderá chegar durante o desenvolvemento dos traballos.

0.15613412857056