Infraestructuras
Vegadeo prepara a rehabilitación do quiosco da música de Medal e da torre do reloxo
As dúas actuacións, cun investimento conxunto superior aos 70.000 euros, buscan recuperar o aspecto de dous elementos destacados do patrimonio da vila
O Valadouro cortará varias rúas desde o 5 de outubro por obras na rede de saneamento
Os cortes afectarán á rúa Xistral, á rúa José Antonio Ferreiro González e ao acceso da rúa Fonte Nova, e manteranse ata o remate dos traballos
GaliciaXa
Vivendas baleiras e alugueiros á alza: as dúas caras da crise habitacional
Os prezos, a falta de oferta, o turismo, as dificultades para mercar e as vivendas baleiras debuxan realidades diferentes pero conectadas
Cambios de tráfico na N-642 por Cangas durante dous meses pola obra das rotondas
Os cortes e desvíos aplicaranse por fases entre os quilómetros 40,200 e 41,600 para permitir o avance dos traballos con seguridade
Saúde Mental A Mariña pecha en San Cibrao o proxecto "Conecta co mar. O mar é vida"
A Casa da Cultura de San Cibrao acollerá do 1 ao 15 de outubro unha exposición que reúne experiencias e creacións desenvolvidas desde 2024
Os afectados polos chalés de Barreiros poñen Sada como exemplo: "Alí buscan unha solución mentres aquí non se move ficha"
César Abelleira desprazouse ata Sada para amosar un inmoble cunha orde de demolición onde, segundo explica, se tramita ao mesmo tempo unha modificación urbanística para intentar evitar o derrubo
O BNG carga contra a variante leste de Viveiro e acusa á Xunta de impulsar "un auténtico retroceso"
Iria Cotelo considera un "erro grave" continuar coa licitación e advirte de que a nova estrada pode converterse "nunha das maiores hipotecas" para o desenvolvemento do municipio
A Deputación adxudica por 245.000 euros a mellora de dous treitos de estradas en Cervo
As actuacións abranguerán preto de catro quilómetros de vías que comunican núcleos como Trasbar, Vilaestrofe e Sargadelos e melloran as conexións coa N-642 e co Hospital da Mariña
O PP reclama cubrir as vacantes da Garda Civil do Vicedo, que actualmente conta cun só efectivo
O alcalde, Jesús Novo, levará ao Pleno do 30 de setembro unha proposta para reclamar ao Goberno central que cubra as baixas e prazas vacantes dun posto cun catálogo de oito efectivos
Trabada inicia a mellora de 800 metros dunha estrada de Valboa
A actuación inclúe a limpeza das cunetas e o acondicionamento da saída do cruzamento situado xunto á igrexa para reforzar a seguridade viaria
Burela cambia as raias polas pintas e estrea o seu primeiro 'Paso de Vaca'
A iniciativa transforma as tradicionais raias dun paso de peóns nas manchas dunha vaca frisoa para reivindicar o rural, o sector primario e unha mobilidade máis sostible
Casa Maseda renacerá como nova oficina de turismo e punto de atención ao peregrino de Ribadeo
O novo convenio aprobado polo Goberno autonómico permitirá recuperar o inmoble do casco histórico e financiar tanto a súa adquisición como as obras
Adxudicadas as actuacións de protección contra a contaminación acústica na LU-862 en Viveiro
Os traballos desenvolveranse en dous treitos ao paso polo núcleo urbano do municipio lucense, que suman 1,5 quilómetros, e favorecerán o calmado de tráfico
Foz realizará a renovación de varios parques infantís e tamén creará unha área de calistenia
Fran Cajoto indica ademais que na actualidade a vila “está en proceso de redacción dun proxecto que pretende aumentar zonas deportivas
César Mogo acusa o PP de converterse nunha "metralladora de erros" co paseo e a rotonda de Cangas
O senador socialista asegura que as obras da glorieta son "inminentes", defende que a reconstrución do paseo avanza nos trámites previos e acusa os populares de falar "fóra da realidade"
Burela transforma a praza de Rosalía de Castro cunha reforma de preto de 200.000 euros
A actuación abrangue uns 825 metros cadrados e permitirá crear unha zona máis accesible con espazos verdes, pérgolas, áreas de descanso, petanca, xogos de mesa e aparcabicis
A Deputación actúa en estradas de Xove e Mondoñedo con melloras no firme e na seguridade
En Xove avanza un proxecto de máis de 810.000 euros en tres vías provinciais, mentres que en Mondoñedo comeza a rehabilitación de 2,6 quilómetros da estrada entre Viloalle e Figueiras
Eventos
O PP denuncia que o paseo de Cangas segue sen solución e acusa a Costas e ao Concello de falta de coordinación
Os populares aseguran que o Estado non concreta unha data para iniciar as obras e cuestionan que o Concello teña que asumir o custo dos terreos privados necesarios para executar o proxecto
Portos derrubará en 2027 as naves abandonadas do peirao norte de Celeiro
A actuación, reclamada pola confraría de pescadores, afectará á antiga fábrica de xeo, cámaras e instalacións de tratamento de peixe e completarase con melloras no saneamento e nos servizos da dársena
A Pontenova retomará as obras do Centro de Atención a Maiores tras quedar paralizadas ao 70 %
A Deputación encomendou a Tragsa os traballos pendentes do edificio, que contará cunhas 30 prazas residenciais, dentro dun paquete de investimentos de máis de 2,7 millóns no municipio
O BNG pide unha ordenanza para regular as áreas de autocaravanas de Xove
A formación levou ao Pleno tres rogos nos que tamén reclama máis sombra na área recreativa de Esteiro e ampliar a zona peonil arredor do Centro Cívico
A Deputación de Lugo repartirá 72 novas emisoras de comunicación portátiles nos seis parques de bombeiros
Técnicos da institución provincial recolleron estes dispositivos que mellorarán as condicións de traballo dos 120 efectivos e a prestacións do servizo aos cidadáns
Ribadeo destina máis de 50.000 euros a renovar accesos e servizos en Folgosa
As actuacións incluirán a renovación do pavimento, saneamento, abastecemento, recollida de augas e iluminación, ademais de melloras demandadas pola veciñanza
Barreiros abre o prazo para novas inscricións nas Escolas Deportivas Municipais de adultos
As persoas empadroadas terán prioridade ata o día 22, mentres que a partir do 23 de setembro o acceso ás prazas dispoñibles será libre










