Infraestructuras
Adxudicadas as actuacións de protección contra a contaminación acústica na LU-862 en Viveiro
Os traballos desenvolveranse en dous treitos ao paso polo núcleo urbano do municipio lucense, que suman 1,5 quilómetros, e favorecerán o calmado de tráfico
Adxudicada a redacción do proxecto para construír a variante leste de Viveiro
Os traballos foron licitados por máis de 391.000€ e o prazo máximo de execución da redacción deste proxecto construtivo é de 5 meses
Burela transforma a praza de Rosalía de Castro cunha reforma de preto de 200.000 euros
A actuación abrangue uns 825 metros cadrados e permitirá crear unha zona máis accesible con espazos verdes, pérgolas, áreas de descanso, petanca, xogos de mesa e aparcabicis
A Deputación actúa en estradas de Xove e Mondoñedo con melloras no firme e na seguridade
En Xove avanza un proxecto de máis de 810.000 euros en tres vías provinciais, mentres que en Mondoñedo comeza a rehabilitación de 2,6 quilómetros da estrada entre Viloalle e Figueiras
Trabada renova a contorna da capela de San Miguel de Vilapercide coa colaboración da veciñanza
A actuación permitiu construír un novo muro de contención, rehabilitar a fonte e renovar a varanda, mentres que os propios veciños completaron os traballos co pintado da capela
Mondoñedo dedicará a rúa da Fonte ao artista Xosé Vizoso
As tres forzas políticas da corporación aprobaron por unanimidade o cambio de nome como homenaxe ao artista gráfico, falecido o pasado ano
A Deputación de Lugo repartirá 72 novas emisoras de comunicación portátiles nos seis parques de bombeiros
Técnicos da institución provincial recolleron estes dispositivos que mellorarán as condicións de traballo dos 120 efectivos e a prestacións do servizo aos cidadáns
Ribadeo destina máis de 50.000 euros a renovar accesos e servizos en Folgosa
As actuacións incluirán a renovación do pavimento, saneamento, abastecemento, recollida de augas e iluminación, ademais de melloras demandadas pola veciñanza
Viveiro mellorará os accesos ao monte San Roque cun investimento de preto de 122.000 euros
A actuación renovará o firme, as redes de saneamento e abastecemento, a recollida de pluviais e diferentes elementos de seguridade e accesibilidade
Cervo renova a sinalización viaria de San Cibrao cun investimento de máis de 30.000 euros
Os traballos, financiados integramente con fondos municipais, actúan en pasos de peóns, prazas de estacionamento, liñas de carril e outras marcas de numerosas rúas
O CEIP Celso Currás estrea unha nova caldeira tralos problemas coa calefacción do pasado inverno
O PP de Trabada celebra que Educación substituíse o equipamento durante o verán e reclama ao Concello que actúe sobre portas, cristais e baños deteriorados
250.000 euros para renovar a Casa do Concello e o CENIMA de Foz con novas ventás, pintura e paneis dixitais
O investimento permitirá mellorar os dous edificios públicos e incorporar tamén unha marquesiña de autobús e novo mobiliario na Avenida da Mariña
ADEGA volve poñer o foco no urbanismo de Barreiros e reclama que non se premie a ilegalidade
A organización ecoloxista lembra a súa batalla xudicial contra as licenzas concedidas durante a expansión inmobiliaria e avoga por restaurar a legalidade antes que consolidar situacións irregulares
Xove completa a renovación da pista polideportiva do parque
A actuación incluíu a substitución do céspede sintético, a instalación de novas canastras e a reparación do peche perimetral e da estrutura da zona multideportiva
O Martínez Otero de Foz renova o céspede cun investimento de preto de 10.000 euros
A actuación permitiu recuperar o terreo de xogo tras o desgaste acumulado durante a tempada e antes do primeiro partido de Liga do CD Foz
Foz reclama axilizar a dragaxe do porto e busca recuperar terreos da explanada portuaria
O Concello pide avanzar nunha actuación dun millón de euros no peirao, impulsar a ampliación de Porto Chico e buscar unha solución ao deterioro dos viais da explanada
Ribadeo amplía a doce as cámaras para controlar o tráfico e protexer as zonas peonís
Os dispositivos buscan impedir o acceso de vehículos non autorizados ás áreas peonís e reforzar a protección do casco antigo
UCIN denuncia o "abandono" de espazos públicos na parroquia de Couxela, en Ribadeo
A formación independente sinala o estado do campo de fútbol, zonas infantís e de exercicio, cunetas, beiravías e contedores e reclama ao goberno municipal que actúe
As obras para recuperar o lavadoiro da Ponte Labrada de Viveiro comezarán en breve
Os traballos xa están adxudicados, contan cunha achega autonómica de 38.400 euros e deberán estar rematados antes de que finalice o ano
Centos de persoas apoian en Barreiros ás familias dos seis chalés ameazados de derruba
Os afectados reuníronse diante da Casa do Concello baixo o lema "Hai solución sen demolición" e reclamaron ás administracións que traballen de maneira conxunta para buscar unha alternativa
A Deputación mobiliza máis de 760.000 euros para actuacións na Pontenova, Lourenzá, Foz e Burela
Os acordos inclúen melloras en estradas e edificios públicos, novo mobiliario urbano e apoio á celebración do festival burelao do 2 ao 6 de setembro
O PP cuestiona que Trabada gaste 50.000 euros en mover uns metros a pista de pádel
Os populares denuncian falta de planificación ao ter que cambiar de lugar unha instalación que custou preto de 40.000 euros para habilitar a área de autocaravanas
O PP de Barreiros apoia ás familias de Lóngara e esixe acelerar o PXOM
Os populares sosteñen que os propietarios actuaron de boa fe e con licenzas municipais e reprochan ao BNG que, tras sete anos no goberno, non culminase o novo planeamento
Ribadeo recupera as pistas forestais de Cedofeita e Piñeiro afectadas polos incendios de 2023
Os traballos forman parte dun plan para rehabilitar os accesos deteriorados tras o lume, que arrasou 2.750 hectáreas, e facilitar a circulación dos vehículos forestais




