Adxudicadas as actuacións de protección contra a contaminación acústica na LU-862 en Viveiro

AMariñaXa
Os traballos desenvolveranse en dous treitos ao paso polo núcleo urbano do municipio lucense, que suman 1,5 quilómetros, e favorecerán o calmado de tráfico
ria-de-viveiro-vista-aerea
20 Sep 2026

A Xunta adxudicou por preto de 640.000 euros (638.922,35€). ás actuacións de protección contra a contaminación acústica na estrada LU-862 ao paso polo concello de Viveiro, en Lugo.

Esta intervención, adxudicada á empresa Ovisa Pavimentos y Obras, S.L.U., se enmarca no Plan de Acción contra a Contaminación Acústica que leva a cabo o departamento que dirixe M. Allegue, e se cofinanciará con fondos europeos FEDER.

En detalle, os traballos que se adxudicaron desenvolveranse en dous treitos da citada estrada autonómica ao paso polo núcleo urbano, que suman 1,5 quilómetros. O primeiro tramo arranca no punto quilométrico 83+650 e conta con 1,3km, mentres que o segundo no 86+170 é de 230 metros.

Deste xeito, abordarase unha mellora funcional, urbana e ambiental para acadar unha estrada máis silenciosa, ordenada e segura, co obxectivo de reducir as emisións e mellorar as condicións da estrada e a súa integración nesta zona urbana.

As actuacións incluirán a renovación do pavimento, a reorganización da calzada e ordenación de aparcadoiros, así como a creación dunha glorieta. Así mesmo, reducirase a velocidade a 40km/h para calmar o tráfico e mellorarase a sinalización.

Tras a sinatura deste contrato deberase subscribir a acta de comprobación e replanteo previo inicio das obras. Os traballos terán un prazo de execución de 12 meses.

0.12657713890076