Novas de Cervo
A Rede Museística Provincial de Lugo abre o seu patrimonio ao mundo cun novo portal dixital
A plataforma Encontro, baseada no software libre VuFind, unifica os arquivos, bibliotecas e coleccións dos catro museos da rede para facilitar o acceso ao coñecemento
Cervo renovará o alumeado da avenida da Mariña cunha redución do 49% na potencia instalada
O proxecto contempla a instalación de 26 luminarias de baixo consumo no tramo comprendido entre a ponte e a praia do Torno
A Rede Museística Provincial de Lugo celebra o seu 20.º aniversario cunha ampla programación ata decembro
Xa o 26 de novembro inaugurarase Arquivo de Edelmiro Méndez, unha mostra dedicada ao fotógrafo da Pontenova e comisariada por Manuel Sendón Trillo e Xosé Luis Suárez Canal
Cervo apraza as festas de Samaín previstas para esta fin de semana polo accidente ferroviario de Toledo
As actividades programadas para este venres e sábado quedan suspendidas polo loito oficial decretado tras o tráxico sinistro ferroviario
A Mariña avanza na implantación do novo modelo SICTED con 57 empresas e servizos turísticos adheridos
A Mancomunidade reuniu en Mondoñedo o sector para avaliar o traballo realizado e presentar tres xornadas formativas gratuítas sobre intelixencia artificial, sostibilidade e deseño de experiencias turísticas
Cervo prepara unha fin de semana de Samaín con actividades infantís e espectáculos
A programación desenvolverase este venres 30 e sábado 31 de outubro, con propostas nas Escolas Vellas de Cervo e na Casa do Mar de San Cibrao
Cervo convoca as axudas ao transporte escolar e abre a convocatoria para libros e material de Infantil
As familias interesadas poderán presentar as solicitudes ata o 12 de novembro, incluído, no Rexistro Xeral do Concello
Alcoa devolve a Cervo o camión autobomba cedido temporalmente ao Concello
A alcaldesa, Dolores García Caramés, reuniuse coa responsable da factoría de San Cibrao para analizar a colaboración entre ambas as partes e manter abertas as vías de cooperación en materia de emerxencias
Fol do Raxal organiza un Magosto este sábado con música, contacontos e castañas gratis
O pavillón de San Román acollerá desde as 18.00 horas unha festa organizada pola asociación Fol do Raxal, que rematará cunha foliada aberta a todos os asistentes
Dolores García: "A concesión da bandeira verde supón un impulso para continuar avanzando cara a un modelo máis sostible"
O recoñecemento da Xunta distingue as medidas municipais para mellorar a eficiencia enerxética, reducir residuos, recuperar espazos naturais e favorecer a biodiversidade
A alcaldesa de Cervo pide á Deputación que asuma a ampliación e a xestión do Museo do Mar de San Cibrao
A proposta do goberno local foi aprobada por unanimidade no pleno, mentres o Concello se compromete a ceder a edificación anexa e humanizar a contorna do museo con fondos propios
Cervo combate a expansión da acacia negra e repoboa con árbores autóctonas dúas parcelas municipais
O Concello colaborou coa Asociación de Montes A Bidueira e voluntarios de Alcoa nunha actuación na subida á Senra para frear esta especie invasora e favorecer a recuperación da biodiversidade
Vinte persoas fórmanse en xardinería no obradoiro de emprego de Cervo, Burela e Xove
O programa 'Sendas de Burela, Cervo e Xove XII' desenvolverase durante nove meses e combinará formación teórica con traballos de mellora e conservación de espazos públicos
O Museo da Carpintería de Ribeira de San Cibrao mellorará a súa accesibilidade e seguridade
O Concello de Cervo executa obras financiadas cunha achega de 72.748,29 euros do GALP para acondicionar o edificio e impulsar actividades de divulgación dos antigos estaleiros da ría de Lieiro
Cervo convoca unha andaina popular polo Día Mundial contra o Cancro de Mama
A marcha sairá do peirao de San Cibrao ás 17.30 horas e os edificios municipais iluminaranse de rosa para concienciar sobre a detección precoz
Evangelina Martínez, veciña de Cuíña, celebra os seus 102 anos rodeada da súa familia
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome do Concello
Comedia, memoria e vinganza no teatro amador de A Mariña
Os grupos A Mariña, A Caxiga, Colectivo Cultural Ollomao e O Torques actuarán entre o sábado 17 e o domingo 18 de outubro
Eventos
OcioenGalicia
Enduro Alfoz-Valadouro 2026
OcioenGalicia
XIX Festa da Esfolla en Moeche
OcioenGalicia
Aquí Uganda a con Aba Taano y Ugandan Sticks en Meira
O Sanci Tapeando regresa este xoves con sete locais e tapas a tres euros
A iniciativa gastronómica, coa colaboración do Concello de Cervo, arrinca o 15 de outubro con propostas que van desde un falso risotto de cogomelos ata unhas albóndegas mariñeiras
Cervo achega ao público as exploracións subterráneas coa xornada ‘Entre o mar e o abismo’
A Sala Cultural Xosé Vizoso, en Sargadelos, acollerá este domingo dúas charlas divulgativas sobre a espeleoloxía costeira e as grandes exploracións subacuáticas, con entrada libre
Cervo mobiliza case dous millóns de euros para renovar equipamentos e infraestruturas municipais
A maior parte dos fondos procederá do remanente de tesourería e 500.000 euros serán achegados pola Xunta para renovar o complexo deportivo A Veiga
Cervo mellora a accesibilidade do Polígono Industrial de Cuiña cun investimento de máis de 160.000 euros
As obras renovan 347 metros de beirarrúas do vial principal e inclúen novas medidas para facilitar o tránsito peonil e o acceso ás parcelas
Unha nova caseta de madeira amplía as zonas de xogo no CEIP Península da Paz
O proxecto "Peace and Calm Hut" incorpora unha pequena caseta de madeira ao patio de Educación Infantil a través do voluntariado e a colaboración entre Concello, centro educativo e empresa
A Deputación adxudica por 245.000 euros a mellora de dous treitos de estradas en Cervo
As actuacións abranguerán preto de catro quilómetros de vías que comunican núcleos como Trasbar, Vilaestrofe e Sargadelos e melloran as conexións coa N-642 e co Hospital da Mariña
Cervo abre unha nova edición de Arruguiñas con máis actividades para os maiores de 60 anos
A programación incorpora novas propostas como terapia con maiores e amplía a iniciación á lingua de signos, ademais de reforzar as actividades no Centro de Día Residencia







