Arruguiñas Charlando estrea nova tempada cunha charla sobre as enfermidades neurodexenerativas

O programa municipal de envellecemento activo Arruguiñas Charlando regresa cunha nova tempada de encontros divulgativos cunha sesión centrada no diagnóstico e no manexo das enfermidades neurodexenerativas. A actividade celebrarase este venres 30 de outubro, ás 18:00 horas, no local social da Asociación de Xubilados Terramar, situado na Casa do Mar.
O encargado de impartir a charla será Diego Santos García, neurólogo e presidente da Fundación Degén, quen afondará no coñecemento deste tipo de enfermidades, nos seus procesos de diagnóstico e nas claves para afrontar o seu manexo. A sesión permitirá abordar unha cuestión de interese sanitario e achegar información sobre unhas patoloxías que afectan á saúde e poden ter repercusións na vida cotiá das persoas afectadas e da súa contorna.
A proposta enmárcase no Programa Integral de Envellecemento Activo Municipal, que promove actividades orientadas ao benestar e á participación social. A través de encontros como este, Arruguiñas Charlando ofrece un espazo para compartir coñecementos, formular preguntas e resolver dúbidas con profesionais especializados en diferentes ámbitos.
A actividade estará aberta á poboación en xeral, polo que poderá asistir calquera persoa interesada no tema, sen limitarse ás persoas participantes habituais no programa. A sesión busca favorecer o acceso á información e fomentar a reflexión arredor da saúde e do coidado das persoas.
O encontro conta coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar e da Fundación Degén. A cita terá lugar este venres ás 18:00 horas na Casa do Mar, onde se desenvolverá esta primeira charla da nova tempada de Arruguiñas Charlando.
ACTUALIZACIÓN
Con motivo do loito oficial decretado, e en sinal de respecto ante o tráxico accidente ferroviario de Toledo, a actividade queda cancelada.