Novas de Burela
As familias do CEIP Vista Alegre aproveitan o eclipse para reclamar as reformas do centro
A comunidade educativa impulsa unha campaña con fotografías e pequenos vídeos para manter visibles as necesidades do colexio e reivindicar melloras nas súas instalacións
Osa do Mar reunirá en Burela grandes nomes e novas promesas da música
O festival desenvolverase do 3 ao 5 de setembro cun cartel distribuído en tres xornadas que combinarán bandas consolidadas e novas propostas da escena galega e estatal
A praia Urbana de Burela acolle este sábado a segunda Festa Acuática do Verán Acuático
A programación incluirá inchables, kaiak, paddle surf e actividades para toda a familia nunha tarde de lecer ao aire libre
Sons de Celeiro afronta unha intensa axenda de concertos e prepara un novo disco
A agrupación estreará en Ortigueira unha habaneira creada para converterse no himno do festival e lamenta non actuar este ano na Praza Maior de Viveiro
Produart abre en Burela a súa 24ª edición como escaparate da produción artesanal e ecolóxica
A feira reúne durante a Feira do Bonito propostas vencelladas ao mar, á terra e aos oficios tradicionais co respaldo da Deputación e da Fundación Expomar
PRODUART volverá converter Burela no escaparate dos produtos do mar, da terra e da artesanía
A Nave de Redes do Porto acollerá do 31 de xullo ao 2 de agosto unha nova edición da feira, con entrada gratuíta, degustacións e unha ampla representación de produtores e artesáns
O baloncesto toma a Praza da Mariña coa celebración do 3x3 da Feira do Bonito
O torneo reunirá durante catro días a xogadores de todas as categorías e repartirá 2.880 euros en premios, cunha intensa xornada final dedicada á competición sénior
Burela impulsa un novo contrato do SAF para ampliar a atención ás persoas dependentes
O servizo incrementará en 9.000 as horas anuais, manterá todo o persoal actual e incorporará novos recursos técnicos e prestacións complementarias
O bonito de Burela conquista Lugo nunha xornada gastronómica que abre o camiño á súa gran feira
A Praza de San Marcos acolleu unha demostración culinaria con degustación de 450 tapas para promocionar a XL Feira do Bonito, que se celebrará os días 1 e 2 de agosto en Burela
A Asociación de Pesca Recreativa de Burela alcanza os 150 socios e prepara un intenso mes de actividades
A entidade organizará en agosto o seu primeiro Concurso de Pesca Xuvenil e unha comida de confraternidade, mentres reforza a colaboración co Concello e coa Fundación Expomar
Aba Taano ofrecerá tres concertos solidarios en Burela, Ribadeo e Ferrol a favor da infancia de Uganda
O grupo de gospel africano actuará entre o 21 e o 23 de agosto para recadar fondos para a ONG Música para Salvar Vidas de Uganda
O corte do cruzamento da Moncloa obrigará a reorganizar o tráfico no porto de Burela durante dous meses
As obras de canalización impedirán o acceso ao porto desde a rúa Eijo Garay e establecerán novos itinerarios para acceder ás zonas norte e sur do recinto portuario
Burela estrea este sábado o programa Verán Acuático cunha gran festa na Praia Urbana
A iniciativa municipal incluirá tamén xornadas de kaiak, un parque acuático e novas actividades para fomentar o lecer ao aire libre durante o verán
Catorce locais de Burela súmanse a unha nova edición do Tapeo Bonito
A iniciativa desenvolverase entre o xoves e o sábado e ofrecerá tapas e elaboracións co bonito do norte como ingrediente principal
A Feira do Bonito de Burela presenta o cartel oficial da súa 40ª edición
O evento volverá render homenaxe ao bonito do norte, un dos principais motores económicos da localidade e unha das grandes sinais de identidade do municipio
A Mariña acollerá a XIII edición do Festival Bal y Gay con 14 concertos de música clásica entre o 5 e o 21 de agosto
A Deputación de Lugo patrocina a cita musical que levará actuacións a distintos espazos da comarca e incluirá por primeira vez un concerto no Auditorio Fuxan Os Ventos de Lugo
Eventos
OcioenGalicia
XLI Festa ó Emigrante de Pol
OcioenGalicia
VII Fiesta del Peregrino de Triacastela
OcioenGalicia
IX Ares Indiano
O Torneo de Tenis Memorial José Luis Yebra regresa a Burela para celebrar a súa duodécima edición
A competición disputarase do 18 de xullo ao 2 de agosto nas pistas da Marosa e contará con probas individuais, dobres e para Xóvenes Promesas
O Grupo de Participación Adolescente de Burela gozou dunha xornada de surf como peche do proxecto Xeración Peixe
A actividade, organizada polo Concello en colaboración co club de surf local, serviu de recompensa pola implicación da mocidade nesta iniciativa impulsada pola Fundación Expomar
O Verán Bonito levará máis de trinta concertos aos locais hostaleiros de Burela durante xullo e agosto
O Concello e a Asociación de Hostalaría impulsan a segunda edición desta iniciativa, que busca dinamizar a vila, apoiar o sector e ampliar a oferta de lecer para a veciñanza e as persoas visitantes
O Reyco Burela FS confirma a preinscrición dos seus equipos sénior en Segunda División para a tempada 2026-27
A asemblea extraordinaria da entidade tamén aprobou manter as cotas, analizou a situación económica do club e destacou o impacto de 1,1 millóns de euros que xera na comarca
Burela prepara a súa gran festa do atletismo coa celebración da décima edición da Burela Bonita
Burela prepara a súa gran festa do atletismo coa celebración da décima edición da Burela Bonita
A rodaxe da película 'Aguas Rotas' busca actores e figurantes cun gran casting en Burela
A Casa da Cultura acollerá dúas xornadas de probas remuneradas para veciños de todas as idades da Mariña
Un plan hidráulico sen precedentes modernizará o saneamento de máis de 78.000 veciños na Mariña
A Xunta mobiliza preto de 60 millóns de euros para novas depuradoras e colectores con actuacións clave en Burela, Foz e Viveiro







