Novas de Burela
A voz dos alcaldes: Carmela López, alcaldesa de Burela
A alcaldesa analiza o seu percorrido político, os principais retos do municipio e debulla os proxectos cos que aspira a seguir transformando a vila de cara ás vindeiras eleccións
A Deputación destina 260.000 euros á mellora de dúas estradas provinciais en Burela
As actuacións renovarán tramos das vías que comunican o municipio con San Cibrao pola Marosa e con Ferreira do Valadouro
“Que a eclipse non eclipse as reformas do CEIP Vista Alegre”
As familias de Burela converten o acontecemento astronómico nun escaparate para volver reclamar melloras nas instalacións educativas
Burela mellora a conexión do paseo marítimo co porto e o acceso á praia de Penoural
As obras buscan humanizar este tramo do litoral e facilitar a entrada ao único areal do municipio no que está permitido o acceso con mascotas
A Asociación de Pesca Recreativa de Burela impulsa un concurso e unha xornada de convivencia
A entidade, coa colaboración do Concello e da Fundación Expomar, organiza un certame dirixido á mocidade e unha comida de confraternidade, mentres continúa ampliando a súa actividade e reforzando novos proxectos.
Osa do Mar reunirá en Burela grandes nomes e novas promesas da música
O festival desenvolverase do 3 ao 5 de setembro cun cartel distribuído en tres xornadas que combinarán bandas consolidadas e novas propostas da escena galega e estatal
O Festival Bal y Gay regresará a Burela cun recital de ópera e zarzuela o 14 de agosto
O Auditorio da Casa da Cultura recibirá ao tenor Santiago Ballerini, á soprano Berna Perles e ao pianista Javier Carmena nun concerto con obras de grandes compositores
Sons de Celeiro afronta unha intensa axenda de concertos e prepara un novo disco
A agrupación estreará en Ortigueira unha habaneira creada para converterse no himno do festival e lamenta non actuar este ano na Praza Maior de Viveiro
Fernando Kanacri revalida o título no XII Torneo de Tenis Concello de Burela – Memorial José Luis Yebra
O campionato reuniu durante dúas semanas a deportistas de distintas categorías e concluíu cunha homenaxe á figura de José Luis Yebra
Burela prepárase para a eclipse solar cunha xornada divulgativa e actividades de observación
A Nave de Redes acolleu unha conferencia especializada e talleres para achegar á veciñanza información sobre este fenómeno astronómico
Produart abre en Burela a súa 24ª edición como escaparate da produción artesanal e ecolóxica
A feira reúne durante a Feira do Bonito propostas vencelladas ao mar, á terra e aos oficios tradicionais co respaldo da Deputación e da Fundación Expomar
Portos de Galicia reforza o dique de abrigo de Burela cun investimento de 1,8 millóns de euros
A actuación permitirá mellorar a protección da infraestrutura fronte ao impacto do mar e garantir unha maior seguridade para a actividade pesqueira e comercial
Burela impulsa un novo contrato do SAF para ampliar a atención ás persoas dependentes
O servizo incrementará en 9.000 as horas anuais, manterá todo o persoal actual e incorporará novos recursos técnicos e prestacións complementarias
O bonito de Burela conquista Lugo nunha xornada gastronómica que abre o camiño á súa gran feira
A Praza de San Marcos acolleu unha demostración culinaria con degustación de 450 tapas para promocionar a XL Feira do Bonito, que se celebrará os días 1 e 2 de agosto en Burela
O Concello de Burela reforza a colaboración co Fogar San Aníbal Os Castros na atención a menores migrantes
A alcaldesa e a concelleira de Servizos Sociais visitaron o centro para coñecer o seu funcionamento e o proceso de integración dos 14 mozos acollidos
Burela crea unha playlist para poñer banda sonora á súa diversidade cultural
O Recuncho Multicultural reúne cancións propostas por asociacións e colectivos da vila nunha selección aberta a novas achegas da veciñanza
O Concello reforza o mantemento municipal coa incorporación dun robot desbrozador
A nova maquinaria permitirá actuar con maior rapidez en parcelas e zonas de forte pendente, incrementando a seguridade dos operarios e mellorando a eficiencia dos servizos municipais
O Iberdrola Surfing Day converterá Burela no epicentro do surf feminino o 12 de setembro
A Deputación de Lugo ultima coa Federación Española de Surfing un evento que combinará deporte, formación e divulgación na praia da Marosa
O corte do cruzamento da Moncloa obrigará a reorganizar o tráfico no porto de Burela durante dous meses
As obras de canalización impedirán o acceso ao porto desde a rúa Eijo Garay e establecerán novos itinerarios para acceder ás zonas norte e sur do recinto portuario
O PP de Burela anuncia accións tras acusar á alcaldesa de asumir competencias que corresponden ao Pleno
Os populares cuestionan a tramitación do último expediente de suplemento de crédito e aseguran que volveron detectar erros na documentación debatida no Pleno extraordinario
O folclore tradicional galego fará parada este domingo en Burela da man de Xacarandaina
O grupo ofrecerá un espectáculo de música, baile e indumentaria tradicional dentro da programación de Danza3 na praza da Mariña
A Feira do Bonito de Burela presenta o cartel oficial da súa 40ª edición
O evento volverá render homenaxe ao bonito do norte, un dos principais motores económicos da localidade e unha das grandes sinais de identidade do municipio
Burela suma máis de dous millóns de euros ao orzamento para executar preto dunha trintena de actuacións no municipio
A modificación de crédito, aprobada en pleno extraordinario con cargo ao remanente de tesourería, permitirá acometer investimentos en infraestruturas, equipamentos, parques, seguridade, mobilidade, cultura e servizos sociais
O Torneo de Tenis Memorial José Luis Yebra regresa a Burela para celebrar a súa duodécima edición
A competición disputarase do 18 de xullo ao 2 de agosto nas pistas da Marosa e contará con probas individuais, dobres e para Xóvenes Promesas




