Novas de Burela
Burela estreará un espectáculo de drons no acendido do alumeado de Nadal o 4 de decembro
A programación comezará ás 17:00 horas na Praza do Concello con actividades infantís, música e chocolate quente
Burela dá voz á infancia no seu segundo pleno infantil
A sesión enmarcouse na programación do Día Mundial da Infancia e no 80 aniversario de UNICEF
Burela celebra o seu segundo Pleno Infantil coa participación dos catro centros educativos
A sesión celebrarase este xoves no Concello para abordar os dereitos da infancia e presentar a versión adaptada do Plan Municipal de Infancia e Adolescencia
Aumenta o seguimento da folga médica en Galicia na segunda xornada e convocan novas concentracións
Están previstas novas concentracións diante de distintos hospitais galegos durante as próximas semanas, que comezarán hoxe en Lugo, no Hospital Universitario Lucus Augusti
Burela alerta de chamadas fraudulentas nas que suplantan a identidade do persoal municipal
A Administración pide á veciñanza e aos comercios que non faciliten datos persoais ou bancarios nin realicen ingresos e recomenda verificar calquera petición sospeitosa
Manuel Álvarez Prieto prepara unha nova exposición en Burela aos 91 anos
O xornalista, escritor e crítico de arte, que está a piques de cumprir 92 anos, continúa promovendo iniciativas culturais coa exposición que se poderá visitar na Casa da Cultura do 18 de novembro ao 11 de decembro
O CEIP Vista Alegre de Burela enche o curso de actividades, aprendizaxes e convivencia
A ANPA destaca o traballo conxunto da comunidade escolar nun programa que inclúe iniciativas de igualdade, obradoiros, visitas ao rural e propostas culturais
A autovía A-74 centra as críticas do PP á xestión estatal de infraestruturas na Mariña
Representantes populares denuncian atrasos en infraestruturas clave para a comarca, entre elas a autovía A-74, o tren FEVE e as balizas da A-8, e reclaman maior compromiso coa zona
Os ritmos e os bailes de Uganda chegarán a Meira e Burela en decembro
O grupo ugandés de gospel e os novos talentos da danza africana ofrecerán dous espectáculos que combinarán percusión, voces e coreografías tradicionais
Burela reúne a psicólogos de toda Galicia nas XXXI Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde
O encontro, organizado polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, desenvólvese entre o 5 e o 7 de novembro e aborda a sexualidade dende distintas perspectivas profesionais
A área sanitaria de Lugo licita por máis de dous millóns de euros reactivos e material para os laboratorios de anatomía patolóxica
O contrato terá unha duración inicial de dous anos e dará cobertura aos hospitais de Lugo, A Mariña e Monforte, cun valor estimado de 3,8 millóns de euros incluídas as posibles prórrogas
Burela organiza un curso de integración para persoas estranxeiras
A formación desenvolverase na Casa do Concello e facilitará a tramitación do informe de integración necesario para determinados procesos de renovación da residencia
Burela ofrecerá un obradoiro gratuíto de defensa persoal feminina polo 25N
A actividade desenvolverase na Casa da Cultura en dúas quendas, unha de mañá e outra de tarde, e terá inscrición aberta ata o día 13
Seis concellos de Lugo ofrecen teatro afeccionado esta fin de semana
O ciclo impulsado pola Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación levará representacións a Burela, Carballedo, Taboada, As Nogais, Monterroso e Pantón entre o venres 30 de outubro e o domingo 1 de novembro
O BNG de Burela cuestiona as cifras da Xunta sobre os investimentos nos centros educativos
O tenente de alcaldesa, Mario Pillado, asegura que a ampliación do IES O Perdouro custou 360.000 euros e non os 770.000 que atribúe a Consellería, e reclama melloras de accesibilidade e diálogo coa Administración autonómica
Os concellos da Mariña súmanse á homenaxe ás vítimas do accidente ferroviario de Toledo
As entidades locais convocaron onte un minuto de silencio ás 20.00 horas en resposta ao chamamento da Federación Española de Municipios y Provincias para expresar o seu pesar polo sinistro e mostrar a súa solidariedade coas persoas afectadas
A Casa da Cultura de Burela acolle este venres unha nova representación teatral
A proposta aborda, dende a comedia, a importancia de ser diferentes e de enriquecer a sociedade a través das distintas personalidades dos seus cidadáns
Eventos
OcioenGalicia
Jornadas Culturales del Hierro de Riotorto
OcioenGalicia
Mercadiño de Nadal de Trabada
Burela viaxará aos grandes éxitos do pop español co tributo "Noches encendidas"
O concerto celebrarase o venres 20 de novembro na Casa da Cultura e renderá homenaxe á música de Mecano, La Oreja de Van Gogh e Amaral
O sector pesqueiro analiza en Burela o impacto das restricións mariñas nas frotas artesanais
O proxecto ESPARDE busca avaliar as consecuencias socioeconómicas dos desprazamentos dos barcos e mellorar a toma de decisións sobre a xestión do espazo marítimo
Burela leva ao teatro a crise climática e os problemas do acceso á vivenda con "Bio Construción"
A Casa da Cultura acolle hoxe, ás 21:00 horas, esta peza para público adulto protagonizada por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, con música en directo de Macarena Montesinos
Burela instala un novo refuxio para gatos e suma 34 esterilizacións e 28 adopcións este ano
O Concello tamén acreditará as persoas alimentadoras voluntarias e facilitaralles material para mellorar o coidado das colonias felinas
Burela pon en marcha o Mercado e Rastro de Nadal, que será o 28 e 29 de novembro
A participación será gratuíta e as persoas interesadas poderán solicitar un posto para vender artesanía, produtos de elaboración propia ou artigos de segunda man ata o 15 de novembro
O Gran Sorteo do Pequeno Comercio de Lugo pon en xogo un coche híbrido para impulsar as compras locais
A campaña foi presentada na praza de San Marcos e estará activa ata o 30 de novembro, con participación mediante compras de polo menos 10 euros en negocios de proximidade da provincia
O PP de Burela denuncia a "improvisación" do goberno local e "irregularidades" nunha factura de 70.000 euros
Os populares critican que o Concello tardase nove meses en pagar a factura e tivese que recorrer a un novo recoñecemento extraxudicial de créditos por falta de previsión orzamentaria







