Burela celebrará este sábado a Festa da Castaña na Praza da Mariña

AMariñaXa
A programación comezará ás 17.00 horas con zonchos e actuacións musicais, mentres que a partir das 18.00 se repartirán cucuruchos a un prezo de tres euros
castañas
6 Nov 2026

Burela converterá este sábado, 7 de novembro, a Praza da Mariña nun punto de encontro arredor dos sabores do outono coa celebración da Festa da Castaña. A convocatoria combinará gastronomía, música e tradición nunha tarde aberta á participación da veciñanza.

As actividades arrancarán ás 17.00 horas coa presenza dos zonchos, da man de Gaia, e a música da Sociedade Cultural e Recreativa Ledicia. Unha hora despois, a partir das 18.00, comezará o reparto dos cucuruchos, que terán un prezo de tres euros e incluirán auga e viño.

A celebración está organizada por Os Asadores Burela, coa colaboración do Concello e da SCR Ledicia. Desde o goberno local animan a veciños e visitantes a achegarse á Praza da Mariña para participar nesta proposta que reivindica os produtos e os costumes propios desta época do ano.

Burela 8 festa castaña
0.15189290046692