Novas de Foz
O PP de Foz denuncia o deterioro da Praza Pardo de Cela e reclama unha actuación urxente
Os populares alertan do abandono deste espazo do casco histórico e advirten do estado das xardineiras, da fonte e da vexetación
O CD Lugo e o Coruxo FC disputarán o torneo Vila de Foz no Martínez Otero
A cita organizada polo CD Foz celebrarase este sábado 15 de agosto ás 18.00 horas e volverá converter o estadio focense en punto de encontro para os afeccionados ao fútbol
A Deputación destina máis de 393.000 euros a concellos, empresas e ao sector forestal
A Xunta de Goberno aproba axudas para Foz e Ribas de Sil, un programa de apoio ao tecido empresarial e unha aula móbil de formación para a industria da madeira
Foz repartirá 3.000 lentes homologadas para seguir con seguridade a eclipse total de sol
O Concello distribuirá tamén material informativo e reforzará o dispositivo de seguridade para o histórico fenómeno astronómico do 12 de agosto
Foz ampliará ata 35 as prazas do programa Xantar na Casa para eliminar a lista de agarda
O goberno local levará ao pleno unha addenda ao convenio coa Xunta para reforzar este servizo de comida a domicilio destinado a persoas maiores, dependentes e en situación de vulnerabilidade
As XXIX Xornadas de Historia Local de Foz afondarán na represión franquista na Mariña
A Casa da Cultura acollerá do 27 ao 30 de xullo catro conferencias que abordarán a memoria histórica desde diferentes perspectivas
Forxán quenta motores para a IV Festa do Mexillón cunha xornada de sabor e diversión
A cita celebrarase o 1 de agosto na área recreativa do Bispo Santo con menú popular, espectáculos, animación infantil e música en directo
A XVII Run Foz Run volverá converter Foz nun escenario deportivo o vindeiro 2 de agosto
A carreira popular reunirá participantes de todas as idades cun programa que incluirá probas infantís, competición absoluta, andaina solidaria e o Día da Bicicleta
Veciños das Torres reclaman solucións polos continuos balóns que invaden as súas vivendas en Foz
Os residentes denuncian que a pista multideporte provoca molestias constantes, accesos non autorizados ás propiedades e unha situación de inseguridade
Foz abre a inscrición para a segunda edición do Camp Night con tres días de actividades en Fazouro
O campamento celebrarase do 29 ao 31 de xullo na área recreativa da Obra Pía e está dirixido a mozos e mozas nados entre 2008 e 2014.
O Cenima acollerá unha exposición de maquetas navais de Daniel Chao
A mostra abrirá as súas portas este venres cun acto inaugural e permitirá descubrir unha colección de embarcacións elaboradas con gran precisión e detalle
A gastronomía máis tradicional e a música danse a man na agardada Festa do Ovo de Foz
A praza Conde de Fontao acollerá o vindeiro 24 de xullo esta emblemática cita gastronómica integrada na popular Festa Normanda
A Mariña acollerá a XIII edición do Festival Bal y Gay con 14 concertos de música clásica entre o 5 e o 21 de agosto
A Deputación de Lugo patrocina a cita musical que levará actuacións a distintos espazos da comarca e incluirá por primeira vez un concerto no Auditorio Fuxan Os Ventos de Lugo
O atletismo regresa á costa mariñá coa sexta edición da carreira popular Maruxaina en San Ciprián
O complexo deportivo A Veiga acollerá o vindeiro 18 de xullo esta proba puntuable que inclúe categorías desde os máis pequenos de idade ata a modalidade absoluta
O Concello de Foz destina 13.500 euros para consolidar o servizo de Madrugadores nos colexios públicos
O goberno local concederá unha subvención de 4.500 euros a cada unha das ANPAS dos tres centros públicos co obxectivo de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral
As festas do Carme en San Martiño volverán encher Foz de música e tradición en xullo
A parroquia celebrará tres intensas xornadas con verbenas, sesións vermú, gastronomía popular e actos relixiosos entre os días 17 e 19
Eventos
OcioenGalicia
XLI Festa ó Emigrante de Pol
OcioenGalicia
VII Fiesta del Peregrino de Triacastela
OcioenGalicia
IX Ares Indiano
Últimos días para inscribirse no Campus Mareo que se celebrará en Foz do 20 ao 25 de xullo
O prazo para participar nesta actividade, dirixida a nenos e nenas a partir de seis anos, remata o vindeiro luns 13 de xullo
O PP esixe transparencia polo polémico recorte no trazado da autovía A-74 na Mariña
Os senadores lucenses acusan ao Executivo central de agocharse tras evasivas para non xustificar a redución de cinco quilómetros no primeiro tramo
Un plan hidráulico sen precedentes modernizará o saneamento de máis de 78.000 veciños na Mariña
A Xunta mobiliza preto de 60 millóns de euros para novas depuradoras e colectores con actuacións clave en Burela, Foz e Viveiro
A praia da Rapadoira e o Campo da Cabana acollen unha nova edición do programa 'Noites Alternativas' en Foz
As actividades lúdicas e deportivas para mozos maiores de 10 anos desenvolveranse os luns, martes e mércores ata o 26 de agosto
Os murais de Foz protagonizarán unha ruta interactiva para descubrir a historia da vila
A iniciativa Xogal proporá un percorrido entre arte urbana, patrimonio e tradición mariñeira a través dun xogo de pistas polas rúas do municipio
As alfombras florais volverán encher Foz nas festas do Carme
O Concello anima á veciñanza e aos visitantes a participar na súa elaboración e presenta un cartel que rende homenaxe ás redeiras e á tradición mariñeira
O Festival Coa Nosa Fala celebra a súa décimo quinta edición con música en galego en Foz
Dous e De Vacas protagonizarán unha nova cita do certame, que volverá encher a Praza Rosalía de Castro na noite do 5 de xullo







