O Comercio na Rúa regresa a Foz con descontos en máis de 30 establecementos

Foz
AMariñaXa
A campaña organizada por Acia Foz-CCA desenvolverase do 20 ao 22 de agosto e permitirá adquirir artigos de tempada e produtos para a volta ao cole a prezos especiais
Comercio-na-Rúa-Foz-2026-agosto
17 Aug 2026

Foz volverá converter as súas rúas nun escaparate comercial ao aire libre coa celebración dunha nova edición do Comercio na Rúa. A iniciativa, impulsada por Acia Foz-CCA, desenvolverase os días 20, 21 e 22 de agosto coa participación de máis de 30 establecementos locais.

Durante as tres xornadas, os negocios participantes sacarán parte dos seus produtos ao exterior dos locais e ofrecerán artigos con descontos e prezos especiais. A campaña busca dinamizar as compras no comercio de proximidade durante a recta final do verán e facilitar tamén a adquisición de produtos de cara á volta ao cole.

Nesta edición participarán 5 Lobiños, Aira Estudio, Alain Afflelou Foz, Ártico, Briz Peluquería y Estética, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Decoraciones Pura Outlet, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hedra, Hola Ola, Isla, Koquetas, La Flor Abulense-2, Lencería Esther, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Living Sport, Longarela Moda, Lourdes Moda Íntima, Mi Casa, OfiFoz, Pirde Moda, Sensación Surf, Surya, Thecé, Unique, Vas´s, Vas´s Outlet e Xoguetería Bahía.

O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, destaca que a campaña representa unha oportunidade para atopar produtos de tempada a prezos reducidos, tanto para aproveitar as últimas semanas estivais como para preparar o inicio do curso escolar.

Paleo lembra ademais que o Comercio na Rúa é xa unha iniciativa habitual do verán focense e que conta cunha boa resposta tanto por parte da clientela como dos establecementos asociados. Tras a edición celebrada en xullo, a asociación comercial recupera agora a proposta durante tres días de agosto co obxectivo de incentivar as compras e continuar apoiando o comercio local.

0.12978005409241