O Festival O Feitizo abre a Festa Normanda de Foz cunha noite de música tradicional

Foz
AMariñaXa
A cita celebrarase ás 21.00 horas na Praza Conde de Fontao coas actuacións de O Feitizo e Mermicolion e estará presentada por Francisco Xavier Fanego Bermúdez
festival-feitizo-foz-normanda-2026
25 Aug 2026

O Festival O Feitizo será un dos protagonistas da primeira xornada da XIV Festa Normanda de Foz, que se desenvolverá entre o 27 e o 30 de agosto cun amplo programa de recreacións históricas, música, mercado e espectáculos para todos os públicos.

A cita musical terá lugar o xoves 27 de agosto, ás 21.00 horas, na Praza Conde de Fontao. Nesta edición, o festival contará coas actuacións de O Feitizo e Mermicolion e estará presentado por Francisco Xavier Fanego Bermúdez, Fanego.

O encontro chega en 2026 á súa edición número 51 e volverá poñer en valor a música e o folclore no marco dunha das celebracións máis multitudinarias do verán focense.

O festival chegará inmediatamente despois dos primeiros actos da Festa Normanda. A programación comezará ás 20.30 horas coa apertura do mercado, o pregón a cargo de Mercedes González e a entrega do Focego Maior, tamén na Praza Conde de Fontao.

Tras esta primeira noite, a Festa Normanda continuará ata o domingo cunha programación na que terán especial protagonismo as recreacións e a ambientación histórica. O venres haberá demostracións de vida cotiá e oficios, pasarrúas, unha representación teatral e música nocturna.

O sábado concentrará algúns dos actos máis destacados, como a gran representación do Ataque Normando ás 17.30 horas e o Funeral Normando á medianoite, acompañado dun espectáculo de lume e pirotecnia. O domingo, a celebración despedirase co desembarco infantil na praia de Tupide e unha Festa da Escuma no recinto normando.

PROGRAMACIÓN

0.11781692504883