Novas de Foz
O PP de Foz cualifica de "fracaso" o plan de mobilidade e pide rectificar os cambios de tráfico
Javier Castiñeira sostén que as medidas provocaron "moitísimas incomodidades" á veciñanza e cifra en preto de dous millóns o investimento nas obras realizadas
Catro concellos lucenses acollerán os mellores espectáculos do norte peninsular co ciclo Camiño Escena Norte
Foz, Sarria, Lugo e Ribadeo programarán catro propostas teatrais e de ilusionismo entre o 26 de setembro e o 25 de outubro
A Rota Montes da Mariña regresará a Foz do 30 de outubro ao 1 de novembro
Os Correcamiños 4x4 manterán o formato da pasada edición, cunha ruta longa o sábado e unha miniruta durante a mañá do domingo
A 15K A Mariña non se celebrará este domingo por problemas técnicos no percorrido
As obras na zona portuaria e as autorizacións necesarias entre concellos e administracións impiden celebrar a proba, mentres o circuíto Run Foz Run prepara xa as súas citas de Nadal
Foz converterá as súas rúas nun escape room para descubrir a historia e a arte urbana da vila
A actividade gratuíta celebrarase o 19 de setembro e desafiará aos participantes a resolver probas e acertixos nun percorrido que partirá do mural "Rente ao Mar"
Comeza unha nova edición de Camiño Escena Norte 2026 en 6 comunidades do norte do Estado
Leva tres espectáculos galegos a nove concellos doutras comunidades e trae a Galicia 10 funcións co apoio da Xunta
O Martínez Otero de Foz renova o céspede cun investimento de preto de 10.000 euros
A actuación permitiu recuperar o terreo de xogo tras o desgaste acumulado durante a tempada e antes do primeiro partido de Liga do CD Foz
Foz inicia a reforma da praza exterior da Casa do Concello cun investimento de 211.000 euros
Os traballos inclúen o arranxo dos muros, novas escaleiras de granito e varandas de seguridade, aos que se sumarán a substitución das ventás de madeira e o pintado do inmoble
A Volta ao Cole premiará as compras en 86 negocios de Foz con vales e unha aventura familiar
A campaña de Acia Foz-CCA desenvolverase do 31 de agosto ao 20 de setembro e repartirá 35.000 papeletas entre os establecementos participantes
A petanca volverá a reunir aos seus afeccionados en Foz coa segunda edición do Torneo Praia da Rapadoira
O Club Praia da Rapadoira organiza unha nova cita deportiva no Parque Uxío Novoneyra o 29 de agosto, nunha xornada que combinará competición, compañeirismo e actividades para todos os participantes
A 15K A Mariña volverá a unir Burela e Foz o 20 de setembro
A carreira de 15 quilómetros pola costa contará tamén con andaina e probas para as categorías inferiores
O Comercio na Rúa regresa a Foz con descontos en máis de 30 establecementos
A campaña organizada por Acia Foz-CCA desenvolverase do 20 ao 22 de agosto e permitirá adquirir artigos de tempada e produtos para a volta ao cole a prezos especiais
Mauro Leivas leva ao Cenima de Foz a exposición ‘Ukiyo-e: de paxaros e sacabeiras’
A mostra poderá visitarse do 20 ao 30 de agosto e achegará ao público unha selección de obras do artista vinculadas á natureza
O PSOE de Foz condena un acto vandálico na Casa do Pobo que deixou un dos vidros roto
A agrupación socialista denunciou os feitos ante as forzas de seguridade e chama a reflexionar sobre o respecto na política tras rexistrarse meses atrás pintadas ameazantes na mesma sede
O PP de Foz denuncia o deterioro da Praza Pardo de Cela e reclama unha actuación urxente
Os populares alertan do abandono deste espazo do casco histórico e advirten do estado das xardineiras, da fonte e da vexetación
O CD Lugo e o Coruxo FC disputarán o torneo Vila de Foz no Martínez Otero
A cita organizada polo CD Foz celebrarase este sábado 15 de agosto ás 18.00 horas e volverá converter o estadio focense en punto de encontro para os afeccionados ao fútbol
Os Sendeiros celebrará en Foz a súa 15ª Marcha Nocturna o 15 de agosto
A ruta partirá ás 22.00 horas da Praza do Concello e incluirá unha parada na praia de Llas para degustar chocolate con biscoito
A Deputación destina máis de 393.000 euros a concellos, empresas e ao sector forestal
A Xunta de Goberno aproba axudas para Foz e Ribas de Sil, un programa de apoio ao tecido empresarial e unha aula móbil de formación para a industria da madeira
Foz aposta pola música emerxente e internacional coa celebración do Arao Festival
O evento terá lugar o 7 de agosto na explanada do peirao e reunirá bandas galegas, artistas internacionais e sesións de DJs
A Deputación destina preto de 700.000 euros á mellora de nove estradas da Mariña
Os investimentos permitirán actuar en vías do Valadouro, Ribadeo e Foz para reforzar a seguridade viaria e facilitar as comunicacións en zonas de gran tránsito
A capela do Bispo Santo de Foz afrontará unha rehabilitación integral
A actuación permitirá renovar a cuberta, restaurar distintos elementos do templo e frear os problemas de humidade que afectan a este enclave patrimonial con máis de tres séculos de tradición
Foz ampliará ata 35 as prazas do programa Xantar na Casa para eliminar a lista de agarda
O goberno local levará ao pleno unha addenda ao convenio coa Xunta para reforzar este servizo de comida a domicilio destinado a persoas maiores, dependentes e en situación de vulnerabilidade
As XXIX Xornadas de Historia Local de Foz afondarán na represión franquista na Mariña
A Casa da Cultura acollerá do 27 ao 30 de xullo catro conferencias que abordarán a memoria histórica desde diferentes perspectivas
O Punto Limpo Móbil continúa achegando o servizo de reciclaxe ás parroquias de Foz
O Concello lembra á veciñanza a importancia de facer un uso responsable deste recurso e publica o calendario actualizado coas próximas localizacións




