O programa Educando en Familia de Foz incorpora unha psicopedagoga este curso

Foz
AMariñaXa
Con este novo recurso preténdese reforzar e desenvolver plenamente as capacidades dos nenos e nenas a través dunha serie de actividades dependendo da idade de cada menor
nova-psicopedagoga-educando-en-familia-foz
20 Sep 2026

O Concello de Foz presenta o novo curso do programa socioeducativo Educando en Familia e a principal novidade desta edición é a incorporación dunha psicopedagoga, “un recurso co que as familias poderán recibir atención individualizada para unha posible detención temperá de dificultades na aprendizaxe e na linguaxe, TDAH, TEA ou altas capacidades dos seus fillos”, explica a concelleira de Servizos Sociais, Ana Rojo, que engade: “esta iniciativa é de carácter público é totalmente gratuíto, está dirixida ós menores e ás familias da localidade nas diferentes etapas de desenvolvemento (con especial atención en idades de 0 a 6 anos) ofrecendo orientación e prevención aínda que acudan a outros centros escolares, co fin de contribuír á colaboración, formación e apoio das familias. Con este novo recurso preténdese reforzar e desenvolver plenamente as capacidades dos nenos e nenas a través dunha serie de actividades dependendo da idade de cada menor”.

Ana Rojo destaca: “dende a área de Servizos Sociais do Concello poñemos en valor este consolidado programa centrado no benestar infantil e na educación emocional, que non só está concibido para intervir cando xa existe un problema senón que a súa vocación e principalmente preventiva e de acompañamento diario”.

Tamén indica que entre as actividades programadas para este inicio de curso “figuran as charlas formativas en espazos grupais onde se comparten experiencias entre os proxenitores, impartindo valores dende o afecto, o respecto, a igualdade e a inclusión, con diferentes dinámicas para facilitar unha mellor adaptación nos inicios das estapas educativas. Estas sesións presenciais xunto cos espazos formativos desenvolveranse nos centros do municipio Ceip Fondo Nois e Ceip O Cantel, onde o equipo de orientadoras do programa facilita a coordinación directa cos docentes dos centros educativos, especialistas externos, técnicas do Concello, educadora familiar e traballadora social, combinando recursos, cando sexa preciso abordar intervencións integrais, enriquecendo así o resultado final”.

Ademais a Concellería de Servizos Sociais “apoia este programa co envío postal da correspondencia informativa ás familias dos nenos e nenas de 0 a 6 anos do concello, convidándoas ás vindeiras reunións informativas impartidas polas orientadoras, que terán lugar no Ceip O Cantel o próximo luns 21 de setembro ás 16:30 horas e o día 1 de outubro no Ceip de Nois ás 15:30” e anuncia que “para calquera información sobre este programa as persoas interesadas poden chamar o número de teléfono de Encarna, a mestra orientadora, que é o 630.77.79.49”.

0.14790391921997