Burela viaxará aos grandes éxitos do pop español co tributo "Noches encendidas"

A Casa da Cultura de Burela acollerá o venres 20 de novembro o espectáculo "Noches encendidas", un concerto tributo a tres dos grandes referentes do pop español: Mecano, La Oreja de Van Gogh e Amaral. A actuación, prevista para as 20.00 horas, ofrecerá unha viaxe musical por cancións que marcaron diferentes xeracións.
O repertorio homenaxeará a pegada de Mecano, unha das bandas máis influentes do pop español dos anos 80 e 90, coñecida por temas que se converteron en clásicos. Tamén haberá espazo para La Oreja de Van Gogh, grupo que conquistou ao público coas súas melodías pop e letras emotivas, e para Amaral, o dúo zaragozano que destacou pola súa personalidade musical e cancións de gran éxito.
"Noches encendidas" propón así unha noite para lembrar e cantar algúns dos temas máis recoñecibles destas formacións, nun espectáculo dirixido tanto a quen medrou coa súa música como a novas xeracións de oíntes.