Emma López, xogadora do Infantil A da SD Burela, convocada pola selección galega

Emma López González, integrante do equipo Infantil A de Preferente Futgal da SD Burela, foi convocada pola selección galega para participar nun adestramento que terá lugar en Padrón. Unha chamada que supón un recoñecemento ao traballo e á progresión da futbolista nas categorías inferiores do club burelista.
A SD Burela destacou a importancia desta convocatoria para a xogadora, que forma parte dun grupo de cinco nenas que integran actualmente a súa base. A entidade considera que esta oportunidade é unha recompensa ao esforzo, á constancia e á implicación que Emma amosa no seu día a día deportivo.
O club tamén puxo en valor o exemplo que representa para as compañeiras máis novas, ás que anima a seguir traballando e desfrutando do fútbol. A convocatoria de Emma supón así unha satisfacción para a estrutura de fútbol base da SD Burela e un impulso para as nenas que forman parte dos seus equipos.