Deportes
Cervo reunirá as novas promesas do ciclismo galego na III Mini BTT Medela MTB
A proba de ciclismo de montaña contará cun máximo de 300 participantes de categorías de base e as inscricións permanecerán abertas ata o 10 de setembro
GaliciaXa
Juan Carlos, Bonxe e Lu coróanse campións galegos de billarda en Castro Ribeiras de Lea
O Campionato reuniu 80 palanadores e palanadoras no Arturo Pereiro, nunha xornada marcada pola competición, o compañeirismo e a presenza de dezaseis xogadores do equipo local
O Valadouro reunirá as novas promesas do fútbol no seu III Torneo de Fútbol Base
O Campo do Árbol de Ferreira acollerá durante a fin de semana os encontros das categorías prebenxamín, benxamín e alevín
O PP cuestiona que Trabada gaste 50.000 euros en mover uns metros a pista de pádel
Os populares denuncian falta de planificación ao ter que cambiar de lugar unha instalación que custou preto de 40.000 euros para habilitar a área de autocaravanas
Unha vintena de nenos e nenas participan no Curso de Verán de Pádel
A actividade desenvolveuse durante os meses de xullo e agosto coa finalidade de achegar este deporte aos máis pequenos e ofrecer unha alternativa de lecer activo
O Praias de Barreiros abre a tempada ante o Planta 14 no VI Trofeo Interterritorial de Fútbol Sala Feminino
O conxunto barreirense recibirá este venres 28 de agosto ao equipo asturiano nun encontro que comezará ás 21.00 horas no Pavillón Municipal
Cervo adapta os vestiarios da piscina municipal para mellorar a súa accesibilidade
As obras, que se atopan na súa fase final, inclúen baños adaptados nos vestiarios de homes e mulleres e a renovación da fontanería, duchas, revestimentos e sistemas contra a humidade
Unha vintena de nenos e nenas participan no primeiro Concurso de Pesca Xuvenil de Burela
Hugo Díaz González, con 47 capturas, foi o gañador dunha iniciativa que busca achegar a pesca recreativa ás novas xeracións
A 15K A Mariña volverá a unir Burela e Foz o 20 de setembro
A carreira de 15 quilómetros pola costa contará tamén con andaina e probas para as categorías inferiores
Sante prepara a terceira Voltiña cun percorrido a pé e unha gran paellada
A cita celebrarase o domingo 30 de agosto con saída ás 11.00 horas desde o Teleclub e ofrecerá dúas alternativas de 6,5 e 8,5 quilómetros
Máis de 200 padexeiros participarán na XLIV Travesía de Foz
A histórica proba organizada polo club Kayak Foz reunirá este domingo a deportistas de 26 clubs de Galicia e Asturias nas categorías cadete, xuvenil, sénior e veterano
GaliciaXa
Un ano de deporte en feminino
A Vicepresidencia da Deputación elaborou a súa axenda cunha homenaxe as mulleres máis representativas das disciplinas deportivas
Máis de 150 padexeiros competirán este sábado na ría de Viveiro
A cuarta regata da Copa Deputación de Piragüismo comezará ás 16.00 horas e reunirá deportistas de seis clubs lucenses en diferentes categorías de base
O Vicedo propón unha ruta nocturna entre Abrela, o Fuciño do Porco e San Román
A actividade celebrarase o mércores 19 de agosto cun percorrido que permitirá descubrir ao anoitecer diferentes enclaves da costa do municipio e estará aberta a participantes de todas as idades
O CD Lugo e o Coruxo FC disputarán o torneo Vila de Foz no Martínez Otero
A cita organizada polo CD Foz celebrarase este sábado 15 de agosto ás 18.00 horas e volverá converter o estadio focense en punto de encontro para os afeccionados ao fútbol
A Vía Verde do Eo volverá unir A Pontenova, Trabada e San Tirso de Abres a través do deporte
A terceira edición da carreira celebrarase o 19 de setembro cun percorrido aproximado de 12 quilómetros e cambiará este ano o sentido da proba, con saída na Pontenova e chegada en San Tirso de Abres
Os Sendeiros celebrará en Foz a súa 15ª Marcha Nocturna o 15 de agosto
A ruta partirá ás 22.00 horas da Praza do Concello e incluirá unha parada na praia de Llas para degustar chocolate con biscoito
Eventos
O BaixEO volverá navegar polo Eo cunha xornada de lecer, natureza e gastronomía
O descenso lúdico celebrarase o 22 de agosto na Pontenova e rematará coa celebración do XXIV Gran Faragull-EO e actividades para toda a familia
Trabada ultima os preparativos para a II edición do Campionato de Balinera
A cita celebrarase o 8 de agosto no Alto da Cadeira, no marco da tradicional Xira da Cadeira, e as inscricións continúan abertas para participar nesta competición
O III Trofeo Feiraco reunirá no Pepe Barrera ao CD Lugo e ao Real Oviedo Vetusta
O torneo de pretempada disputarase o 8 de agosto en Ribadeo e consolídase como unha das citas do calendario estival
Fernando Kanacri revalida o título no XII Torneo de Tenis Concello de Burela – Memorial José Luis Yebra
O campionato reuniu durante dúas semanas a deportistas de distintas categorías e concluíu cunha homenaxe á figura de José Luis Yebra
Vegadeo abre as inscricións para a 47ª edición do Cross Popular Volta a Piantón
A proba, que se celebrará o 14 de agosto, incluirá carreiras infantís e o tradicional percorrido entre Vegadeo e Piantón
Viveiro estrea a Milla Internacional do Cantábrico para converterse nun referente do atletismo urbano
A cidade acollerá os días 17 e 18 de outubro un gran evento deportivo con tres competicións, actividades para todos os públicos e a participación do atleta olímpico Adrián Ben como embaixador
Xove homenaxea a Mateo tras representar a Galicia nos GAA World Games
O Concello recoñece a traxectoria do deportista e reafirma o seu apoio ao deporte e aos atletas locais










