O club O Cembedo de Viveiro logra nove medallas no TOP TTR N7 Sénior de bádminton celebrado en Vegadeo

AMariñaXa
Os dez xogadores participantes conseguiron tres ouros, catro pratas e dous bronces nun torneo disputado o pasado domingo
VEGADEO club o cembreiro
29 Oct 2026

O club asinou unha destacada actuación no torneo TOP TTR N7 Sénior de bádminton, celebrado o pasado domingo en Vegadeo, cun balance de nove medallas. Os dez representantes da entidade que participaron na competición sumaron tres ouros, catro pratas e dous bronces nas diferentes modalidades de dobres.

As medallas de ouro chegaron da man de Pedro e Mª José, en dobres mixtos C1; Jorge e Javi Galicia, do club Athlos, en dobres masculinos C1; e Marta e Dolo Sarmiento, tamén do Athlos, en dobres femininos C2.

Pola súa banda, as catro pratas foron para Luisa e Mª José, en dobres femininos C2; Marta e Jorge, en dobres mixtos C2; Pedro e Roberto Simal, do club Oleiros, en dobres masculinos C1; e Iván e Irene Olego, do club Gijón, en dobres mixtos A1.

O medalleiro completouse con dous bronces: Iván e Juan, en dobres masculinos B2, e Juan e Isa, en dobres mixtos A1.

Os dez xogadores do club que tomaron parte na cita foron Luisa Labayén, Mª José Montenegro, Marta Castro, Isabel Rego, Luis Ramallal, Manolo Cabaleiro, Jorge Santamariña, Pedro Esmorís, Iván Suárez e Juan Giz.

0.14882802963257