O Vicedo despedirá o ano coa segunda edición da San Silvestre

AMariñaXa
A cita contará cunha carreira infantil gratuíta, unha andaina de 2,5 quilómetros e unha proba para adultos de cinco quilómetros
san-silvestre-papa-noel-correndo
28 Nov 2026

O Vicedo prepara unha nova edición da súa San Silvestre para despedir o ano facendo deporte. A localidade celebrará o próximo 31 de decembro a segunda edición desta convocatoria, que ofrecerá diferentes modalidades para que tanto os máis pequenos como os adultos poidan participar nunha tarde de actividade física e ambiente festivo.

A programación incluirá unha carreira infantil de 500 metros, de participación gratuíta, que arrancará ás 16.30 horas; unha andaina de 2,5 quilómetros, prevista para as 16.50 horas; e unha carreira para adultos de cinco quilómetros, que dará comezo ás 17.00 horas.

As modalidades da andaina e da carreira de adultos teñen un custo de inscrición de 10 euros, mentres que a proba infantil será gratuíta. Os participantes nas opcións de pago recibirán, ademais, unha camiseta e un gorro de Nadal.

A saída das diferentes actividades estará situada na rúa Francisco Vilasuso.

A II San Silvestre está organizada pola Comisión de Festas de Santo Estevo e Santa Lucía, coa colaboración do Concello do Vicedo e Remos, e busca ofrecer unha alternativa deportiva e lúdica para celebrar a última xornada do ano.

PROGRAMACIÓN COMPLETA

0.1490170955658