O Shitokai Galicia A Mariña suma oito novos cintos negros

O Club Shitokai Galicia A Mariña está de noraboa polos resultados acadados por oito dos seus alumnos nos exames de grao de cinto negro e primeiro Dan, celebrados o pasado domingo 22 de novembro no polideportivo de Lugo de Llanera.
As probas, organizadas pola FAKYDA, permitiron aos karatecas mariñáns demostrar a súa preparación e progresión nesta disciplina. Entre os deportistas que superaron o exame, Miranda, Cristian e Gael conseguiron o primeiro Dan, mentres que Nicolás, Adrián, Jaime, Álvaro e Daniel obtiveron o grao de cinto negro.
Desde o club trasladaron os seus parabéns a todos os aspirantes polo resultado conseguido e polo traballo realizado para alcanzar este obxectivo. O director técnico da entidade, Julián Martín, encabeza a felicitación aos oito alumnos que superaron as probas.