Novas de Burela
Burela prepara unha prospección científica na Punta do Cabo para estudar o castro mediante técnicas non invasivas
Os traballos comezarán a principios de agosto e permitirán obter información sobre a estrutura e extensión do xacemento, aínda sen investigar con metodoloxía científica
‘Xogo e Xente’ regresa a Burela con torneos de parchís, tute e oca durante o verán
A iniciativa desenvolverase entre xullo e agosto na Praza da Mariña para promover a convivencia, a participación cidadá e o encontro interxeracional a través dos xogos tradicionais
O Reyco Burela FS confirma a preinscrición dos seus equipos sénior en Segunda División para a tempada 2026-27
A asemblea extraordinaria da entidade tamén aprobou manter as cotas, analizou a situación económica do club e destacou o impacto de 1,1 millóns de euros que xera na comarca
Burela prepara a súa gran festa do atletismo coa celebración da décima edición da Burela Bonita
Burela prepara a súa gran festa do atletismo coa celebración da décima edición da Burela Bonita
Dous técnicos históricos liderarán os proxectos de Segunda División no Burela FS
Javier Pardeiro asume as rendas do conxunto feminino e Juanma Marrube renova por tres anos á fronte do banco masculino
Os carteis gañadores poñen imaxe á Feira do Bonito 2026 de Burela
Daniel Franco Fernández e Maite Fernández Cendoya vencen no concurso convocado pola SCR Ledicia para a nova edición da cita mariñeira
Pantallas Sonoras estrea un concurso de videoclips para impulsar a creación audiovisual galega en Burela
Ultramar e Osa do Mar abren ata o 31 de xullo a inscrición dun certame que repartirá premios e dará visibilidade ao talento vinculado á música contemporánea
A Escola Municipal de Música de Burela mergúllase no jazz cun curso aberto á cidadanía
O programa formativo, gratuíto e centrado na improvisación, culminará este venres cun concerto na praza do Concello para compartir o aprendido durante a semana
Burela celebra o Orgullo de Vila cun Bingo Musical na Praza do Concello
A actividade, conducida por Marisa Prisa, combinará música, diversión e sorteos nunha tarde aberta á veciñanza baixo o lema da diversidade e a liberdade
Burela ofrecerá un verán de ocio gratuíto para a mocidade na Casa da Xuventude
O programa incluirá xogos tradicionais, robótica, fútbol na rúa e actividades matemáticas entre o 13 de xullo e o 27 de agosto
Burela programa un verán con deporte e actividades de lecer para todas as idades
O Concello abrirá o 29 de xuño as inscricións para un programa que inclúe xogos na praia, sendeirismo, surf, baloncesto e diferentes torneos deportivos
Burela reforza a vixilancia e o control dos residuos durante o verán ante o aumento de poboación
O Concello intensifica os controis pola maior xeración de lixo e lembra a obrigatoriedade de cumprir horarios, normas de depósito e o uso do servizo gratuíto de recollida de enseres
A Sociedade Cultural Ledicia celebra o seu festival de fin de curso con baile e música tradicional
A Praza do Concello acollerá o domingo 28 de xuño ás 19:30 horas unha actuación que reunirá todas as seccións da escola como peche do curso 25/26
Denuncian a falta de timbres de chamada na área de Xinecoloxía do Hospital da Mariña
Pacientes e profesionais vense obrigados a recorrer a berros ou palmadas para solicitar asistencia, segundo CIG Saúde A Mariña
A Comunidade de Montes de Burela inicia contactos para a compra de parcelas na zona arqueolóxica do Cabo Burela
O obxectivo é integrar estes terreos no patrimonio colectivo e facilitar futuras actuacións de conservación e posta en valor
A CIG-Ensino denuncia a falta de solucións para o deterioro dos centros educativos da Mariña e da provincia
O sindicato reclama actuacións urxentes nas instalacións e alerta da ausencia de fondos e prazos para acometer as melloras necesarias
A X Burela Bonita abre inscricións para unha edición especial que dará inicio ao circuíto Duacode RFR 2026
A proba celebrarase o 11 de xullo cun percorrido costeiro que volverá converter o litoral burelés nun referente para os afeccionados ao atletismo popular
Burela reforza o turismo mariñeiro cunha renovada edición da Ruta do Peixe
A actividade permitirá descubrir o funcionamento da lonxa da man dun guía especializado e afondar no percorrido do peixe desde a descarga ata a súa comercialización
Burela reforza a integración de menores migrantes a través da educación e o acompañamento
O centro de Burela destaca os avances educativos e persoais dos mozos tras os seus primeiros meses de estancia
Burela vive unha xornada histórica coa mirada posta no España-Cabo Verde do Mundial 2026
A Praza da Mariña convértese no epicentro dunha gran festa intercultural que reúne música, deporte, gastronomía e centos de afeccionados
Burela prepárase para un festival que encherá a vila de música, deporte, gastronomía e arte
O Festival De Cabo a Cabo celebrarase o 15 de xuño con programación en varios espazos urbanos e unha ampla oferta cultural vinculada á diversidade da localidade
Burela abrirá un espazo de diálogo sobre a realidade do pobo saharauí a través do ciclo “Arredor do té”
A Casa da Xuventude acollerá un encontro promovido polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para fomentar a reflexión sobre os dereitos humanos e a interculturalidade
A creatividade infantil protagoniza os premios das Letras Galegas 2026 en Burela
O Certame de Narración e Debuxo Infantil reuniu a alumnado do municipio nunha iniciativa que fomenta a lectura, a lingua galega e a expresión artística
As protestas polo estado do CEIP Vista Alegre continuarán durante o verán
A comunidade educativa reafirma as súas reivindicacións e advirte de que non interromperá as mobilizacións ata obter compromisos concretos para a reforma integral do centro



