Novas de Burela
Burela incorporará pulseiras detectoras de substancias para reforzar a seguridade durante as festas patronais
O dispositivo distribuirase desde o Punto Lila como medida preventiva fronte á submisión química e ás violencias machistas nos espazos de lecer
Burela acolle un curso para facilitar o acceso á nacionalidade española das persoas estranxeiras
A formación, impulsada por Ecos do Sur, prepara aos participantes para superar a proba CCSE e reforza as accións de integración no municipio
O comercio local da Mariña premiará as compras cunha campaña que repartirá 1.000 euros
Burela, Xove, O Vicedo, Covas e Cervo participan nunha iniciativa para incentivar as vendas e reforzar o consumo de proximidade entre o 1 e o 15 de xuño
A CIG-Ensino denuncia o deterioro de varios centros educativos da Mariña
O sindicato reclama actuacións urxentes da Consellaría ante as deficiencias estruturais detectadas en Burela e O Vicedo
Burela impulsa a renovación da Marosa cun investimento de máis de 600.000 euros
O Concello afrontará en dúas fases a mellora do histórico campo de fútbol, priorizando a seguridade das instalacións e a conservación dos seus elementos máis emblemáticos
Fapacel agradece as reparacións no CEIP de Meira pero reclama á Xunta máis investimentos noutros centros da provincia
Entre eles citan os colexios de Lugo de As Mercedes e Casás ou o Vista Alegre de Burela, no que as familias levan semanas mobilizándose
Burela acollerá o 15 de xuño o festival “De Cabo a Cabo”, unha celebración da diversidade e da convivencia cultural
A proposta, impulsada polo colectivo Fanto Fantini, coincidirá co partido España–Cabo Verde do Mundial 2026 e converterá a vila nun gran espazo de encontro con música, arte, gastronomía e actividades comunitarias
Burela homenaxea a Valeria Eijo tras conquistar o Campionato de España coa Selección Galega Sub12
A capitá do combinado autonómico recibiu o recoñecemento do Concello nun acto que destacou o papel da canteira e do deporte base na vila
Burela contará desde setembro cun punto para expedir e renovar o DNI sen saír do municipio
O novo servizo da Policía Nacional permitirá realizar este trámite unha vez ao mes e evitar desprazamentos a outras localidades
As familias do CEIP Vista Alegre intensifican as protestas mentres a Xunta minimiza o deterioro do centro
A comunidade educativa denuncia humidades, problemas de accesibilidade e deficiencias estruturais nun colexio con máis de catro décadas, mentres a administración galega reduce as reclamacións a “cuestións puntuais”
O Concello de Burela leva ao pleno a aprobación inicial dunha RPT que desbloquea un proceso iniciado hai case dúas décadas
O goberno local destaca o acordo sindical e define o documento como unha ferramenta clave para modernizar a organización municipal
Varias áreas de baño da Mariña seguirán pechadas este verán
A resolución da Dirección Xeral de Saúde Pública afectará a espazos de Barreiros, Burela, A Pontenova e Viveiro a partir do 1 de xuño
O BNG leva ao Parlamento as demandas da comunidade educativa do CEIP Vista Alegre
Daniel Castro e Mario Pillado reúnense coa dirección e coa ANPA do centro para reclamar unha rehabilitación integral e actuacións urxentes por parte da Xunta
Expomar reúne en Burela ao sector pesqueiro para analizar o presente e reclamar cambios de futuro
As XXXIII Xornadas Técnicas e o Encontro Empresarial poñen sobre a mesa a preocupación pola viabilidade da frota, o relevo xeracional e as políticas europeas de pesca
Expomar converte Burela no epicentro do debate pesqueiro europeo coa celebración das súas Xornadas Técnicas
A Fundación Expomar reunirá esta semana a representantes institucionais, profesionais do mar e entidades do sector para analizar os principais desafíos da pesca, a sustentabilidade e o relevo xeracional
O BNG reclama investimentos urxentes para mellorar os centros educativos de Burela
A formación nacionalista denuncia deficiencias nas instalacións, problemas de accesibilidade e falta de persoal especializado para atender a diversidade
Burela acolle un espectáculo que reivindica as mulleres rebeldes da literatura galega a través da música e a narración oral
“Repunantas” propón unha viaxe desde a Idade Media ata a actualidade para poñer en valor a voz das autoras galegas no marco do Día das Letras Galegas
Os Veteranos da SD Burela conquistan a División de Honra e celebran o título na Marosa
A alcaldesa Carmela López participou na entrega da copa e destacou o compromiso e a traxectoria do equipo durante toda a tempada
Burela acolle un coloquio sobre migracións con voces expertas e enfoque social
A Praza de Abastos será escenario o 15 de maio dun encontro que abordará os retos, os mitos e o activismo arredor da mobilidade humana




