A Feira do Bonito de Burela presenta o cartel oficial da súa 40ª edición

A Feira do Bonito de Burela xa ten cartel oficial para a súa 40ª edición, que se celebrará, como é tradición, durante a primeira fin de semana de agosto, os días 1 e 2 de agosto de 2026.
O evento volverá render homenaxe ao bonito do norte, un dos principais motores económicos da localidade e unha das grandes sinais de identidade deste municipio mariñeiro da Mariña Lucense. O porto de Burela é o máis importante de Galicia na pesca desta especie, que constitúe ademais o segundo produto con maior volume de negocio da súa lonxa.
Desde hai 40 anos, a feira busca poñer en valor a tradición pesqueira de Burela, así como o seu patrimonio gastronómico e cultural. Ao longo da fin de semana desenvolverase unha programación con degustacións, actividades para todos os públicos e actuacións musicais de artistas galegos.