O PP de Burela denuncia o estado da recollida do lixo no municipio

AMariñaXa
Os populares aseguran que existen colectores desbordados en distintos puntos do municipio e critican a resposta do goberno local
contedores-lixo-burela
10 Jul 2026

O Partido Popular de Burela carga contra o servizo de recollida de residuos no municipio tras recibir unha queixa veciñal ao respecto, e aseguran que a situación está a repetirse en diferentes zonas da localidade.

Os populares sinalan como exemplo un colector situado na rúa Celso Emilio Ferreiro, que aparece completamente cheo e con bolsas de lixo depositadas na calzada ao seu carón, unha imaxe que, afirman, é extensible a outros puntos do concello.

Desde o PP censuran a xestión do goberno municipal nesta materia e sosteñen que a alcaldesa, Carmela López Moreno, responsabiliza da situación á propia veciñanza. Os populares engaden ademais que, segundo denuncian, cando os veciños trasladan as súas queixas sobre o estado dos colectores, estes “desaparecen misteriosamente”.

0.13882207870483