A Romaría Monte Castelo xa pon data a tres días de festa en Burela

AMariñaXa
A cita celebrarase do 24 ao 26 de xullo e anima aos asistentes a preparar toldos, mesas e comida para volver 'castelear' no monte
BURELA cartel castelo
6 Jul 2026

A Romaría Monte Castelo xa quenta motores para unha nova edición en Burela. A organización anunciou que a festa se celebrará os días 24, 25 e 26 de xullo, tres xornadas nas que o monte volverá converterse nun punto de encontro para veciños, visitantes e grupos de amigos.

Baixo o lema 'En 20 días estaremos... castelean­do!', a romaría anima aos participantes a ir preparando o toldo, as mesas e a lista de comidas, mantendo así o espírito dunha celebración marcada pola convivencia ao aire libre, a música, a natureza e o ambiente de acampada entre amigos.

A cita do Monte Castelo é unha das festas máis agardadas do verán en Burela e destaca polo seu carácter popular. A organización irá dando a coñecer nos vindeiros días máis detalles da programación, despois de confirmar xa as datas dunha edición que volverá encher de ambiente este espazo natural.

O cartel deste ano leva de novo a sinatura de Davixino, ao que a organización agradeceu o traballo para ilustrar unha celebración que xa forma parte do calendario festivo da localidade.

0.13608288764954