Burela acolle unha formación sobre autocuidado para profesionais que traballan con menores

Os profesionais que traballan con nenos, nenas e adolescentes poderán participar este venres 23 de outubro en Burela nunha formación centrada no autocuidado e na regulación do sistema nervioso como ferramentas para desenvolver unha práctica profesional sostible.
A sesión, titulada "Autocuidado do profesional: o teu sistema nervioso como guía para unha práctica sostible con nenos, nenas e adolescentes", celebrarase de 9:30 a 13:30 horas no Salón de Plenos do Concello de Burela. A formación será impartida por Alba Burundarena, psicóloga sanitaria.
A actividade está organizada pola asociación Alborada no marco do seu programa de formación continua dirixido a profesionais de Galicia que traballan con menores.
A participación é gratuíta, pero as persoas interesadas deben inscribirse a través da web formacion.alborada.org. Para resolver dúbidas, a organización tamén habilita o correo electrónico redes@alborada.org e o teléfono 694 283 592.