Burela ofrecerá un obradoiro gratuíto de defensa persoal feminina polo 25N

AMariñaXa
A actividade desenvolverase na Casa da Cultura en dúas quendas, unha de mañá e outra de tarde, e terá inscrición aberta ata o día 13
observatorio-mariña-igualdade-imaxe-25N-xeral
31 Oct 2026

Burela incorporará á programación con motivo do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, un obradoiro gratuíto de defensa persoal feminina. A iniciativa celebrarase o sábado 14 de novembro na Aula de Familia da Casa da Cultura e estará organizada en dúas quendas para facilitar a participación.

A primeira sesión terá lugar en horario de mañá, de 10.00 a 14.00 horas, mentres que a segunda se desenvolverá pola tarde, entre as 16.00 e as 20.00 horas. As mulleres interesadas en participar poderán anotarse ata o 13 de novembro a través do teléfono 982 580 609 ou do correo electrónico cim@burela.org.

A concelleira de Igualdade, Sandra Fernández, sinala que a proposta busca achegar ás mulleres recursos prácticos que poidan contribuír á súa protección. "Con este obradoiro queremos ofrecer ás mulleres ferramentas básicas de defensa persoal que contribúan a reforzar a súa seguridade e confianza", explica.

0.1535050868988