Touriñán leva a Burela o seu humor sobre as contradicións da relación cos animais

AMariñaXa
O actor e humorista presentará "MOI ANIMAL" o sábado 28 de novembro na Casa da Cultura, cunha dobre función ás 18.30 e ás 21.00 horas
Xosé Antonio Touriñán
26 Oct 2026

A Casa da Cultura de Burela recibirá o sábado 28 de novembro a Xosé Antonio Touriñán co espectáculo "MOI ANIMAL", un monólogo cómico que aborda, desde o humor, a particular relación dos seres humanos co resto das especies.

O humorista galego convida o público a reflexionar entre risas sobre os paradoxos que rodean a nosa convivencia cos animais. Querémolos, coidámolos e protexémolos, pero tamén tendemos a humanizalos e mesmo a vestilos, nunha relación na que non sempre resulta doado distinguir entre o afecto e as nosas propias formas de entender o mundo animal.

Desde os animais de compañía ata os lobos, pasando polo vexetarianismo e o fenómeno dos therians, Touriñán percorre diferentes maneiras de relacionarse coas demais especies para poñer o foco nos hábitos, as crenzas e as contradicións das persoas.

A proposta combina comedia e reflexión arredor dun tema presente na vida cotiá, cunha mirada desenfadada sobre como entendemos e tratamos os animais.

O espectáculo ofrecerá dúas funcións o sábado 28 de novembro na Casa da Cultura de Burela: a primeira ás 18.30 horas e a segunda ás 21.00 horas.

0.15564298629761