Burela acolle a estrea de 'O meu pai naceu o mesmo ano que Mick Jagger'

AMariñaXa
A comedia, escrita por Carmen Conde e dirixida por Avelino González, presentarase este venres na Casa da Cultura
casa-cultura-burela
7 Oct 2026

A compañía teatral lucense Tarabela Creativa estreará este venres 9 de outubro, ás 21.00 horas, en Burela a comedia O meu pai naceu o mesmo ano que Mick Jagger, unha coprodución co Concello de Burela.

A obra está escrita por Carmen Conde, que tamén forma parte do elenco xunto a Xosé Manuel Esperante e Fran Lareu, baixo a dirección de Avelino González. A trama parte da figura do pai da autora, especialista en pegadas dactilares da Xudicial desde os anos oitenta e destinado en Burela durante máis dunha década.

A historia combina esta dimensión persoal cunha investigación arredor dunha serie de delitos que sitúa sobre a mesa unha cuestión: calquera persoa pode chegar, en determinadas circunstancias, a converterse en delincuente.

Tarabela Creativa completará en Burela tres semanas de ensaios antes da estrea, contando co patrocinio do hotel Nordés e do Rompeolas. Previamente, a compañía realizou outras tres semanas de residencia en Agolada coa colaboración do Concello.

A proposta chega ao escenario como unha obra baseada en feitos reais, cun ritmo "intrépido" e numerosos personaxes.

As entradas poderán adquirirse na billeteira do Auditorio da Casa da Cultura, desde unha hora antes do comezo da función.

0.14425206184387