A Escola Municipal de Música de Burela abre a matrícula para novo alumnado ata o 11 de setembro

AMariñaXa
A oferta inclúe música e movemento desde os 4 anos, formación instrumental para adultos e diferentes agrupacións musicais
Escola-Música-Burela-2024
1 Sep 2026

A Escola Municipal de Música de Burela abre este martes, 1 de setembro, o prazo de matrícula para o novo alumnado que queira incorporarse ás súas actividades durante o novo curso. As persoas interesadas terán ata o día 11 para formalizar a inscrición.

A oferta formativa abrangue diferentes idades e niveis. Entre as opcións dispoñibles figura música e movemento para nenos e nenas a partir dos 4 anos, así como formación instrumental para persoas adultas cos instrumentos dos que dispón a escola.

O programa complétase coa posibilidade de participar en agrupacións musicais de diferentes características e noutras actividades relacionadas coa aprendizaxe e a práctica da música.

As matrículas poderán formalizarse na Casa da Xuventude, situada na rúa do Cancelo, en horario de 10.00 a 14.00 horas. O Concello tamén habilita os teléfonos 982 879 483 e 982 580 720 para realizar as inscricións ou obter máis información.

O tenente de alcaldesa, Mario Pillado, anima tanto á cidadanía como ás familias do municipio a incorporarse á actividade da escola e a aproveitar as distintas posibilidades que ofrece.

Pillado convida a "ser parte deste novo curso na Escola de Música para desfrutar ao máximo desta arte na nosa vila", facendo un chamamento ás persoas interesadas para que formalicen a súa matrícula antes de que finalice o prazo o 11 de setembro.

0.14365887641907