Cervo prepara unha fin de semana de Samaín con actividades infantís e espectáculos

AMariñaXa
A programación desenvolverase este venres 30 e sábado 31 de outubro, con propostas nas Escolas Vellas de Cervo e na Casa do Mar de San Cibrao
samain-cervo
27 Oct 2026

O Concello de Cervo prepara unha fin de semana chea de actividades para celebrar o Samaín, con propostas dirixidas especialmente ao público infantil e ás familias. A programación comezará este venres, 30 de outubro, e continuará o sábado 31 con espectáculos, obradoiros e actividades para gozar destas datas.

A primeira cita terá lugar o venres, a partir das 17.30 horas, nas Escolas Vellas de Cervo, onde se celebrará unha festa de Samaín con obradoiros temáticos e a actuación infantil «Latexos», a cargo de K’Paparota. A actividade está organizada por Airiños do Xunco coa colaboración do Concello de Cervo.

A programación continuará o sábado 31 de outubro, tamén ás 17.30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao, cun espectáculo infantil que incluirá baile, pintacaras e chocolate con churros. A proposta busca ofrecer unha tarde de diversión para os máis pequenos e as súas familias nun ambiente marcado pola celebración do Samaín.

Desde a organización animan os asistentes a acudir disfrazados coas súas vestimentas máis terroríficas para encher Cervo de bruxas, pantasmas, monstros e pequenos vampiros.

Con estas actividades, Cervo convida a veciñanza a participar nunha fin de semana de lecer familiar na que non faltarán os sustos, a diversión e a maxia propias do Samaín.

0.15206408500671