Cervo apraza as festas de Samaín previstas para esta fin de semana polo accidente ferroviario de Toledo

As festas de Samaín previstas para este venres 30 e sábado 31 de outubro en Cervo quedan adiadas polo loito oficial decretado tras o tráxico accidente ferroviario ocorrido en Toledo. A decisión afecta ás actividades organizadas nas Escolas Vellas de Cervo e na Casa do Mar de San Cibrao.
A programación prevista para este venres incluía unha festa de Samaín a partir das 17:30 horas nas Escolas Vellas, con obradoiros temáticos e o espectáculo infantil 'Latexos', a cargo de K’Paparota, nunha iniciativa organizada por Airiños do Xunco coa colaboración do Concello.
Pola súa banda, para o sábado estaba programada, tamén ás 17:30 horas, unha actividade infantil na Casa do Mar de San Cibrao, con baile, pintacaras e chocolate con churros.
Polo momento, non se comunicou unha nova data para a celebración das actividades.