Novas de Cervo
Unha trinta de deportistas inician en Cervo o II Campus de Verán de Natación Artística da Federación Galega de Natación
A actividade está dirixida a nenos e nenas nados entre os anos 2011 e 2015 e desenvolverase durante toda a semana na Piscina Municipal de Lieiro
O Campus de Baloncesto Drocer puxo fin en Cervo tras unha semana de deporte e formación
A alcaldesa participou na clausura dunha actividade desenvolvida no Pavillón da Veiga coa colaboración do Club Deportivo San Ciprián
As Noites de Fútbol Praia de Cervo rematan con catro equipos campións nas distintas categorías
A alcaldesa Dolores García Caramés entregou as medallas aos gañadores e o Concello anuncia a celebración do torneo de fútbol 3x3 a partir da semana do 20 de xullo
Cervo recibe aos participantes da segunda edición do Campus de Verán de Waterpolo
A iniciativa da Federación Galega de Natación combina adestramentos e actividades de lecer durante toda a semana nas instalacións da Piscina Municipal de Lieiro
A III Carreira de Andadura obrigará a cortar ao tráfico un treito da estrada entre Río Cobo e San Ciprián este sábado
A circulación permanecerá restrinxida entre as 9.00 e as 21.00 horas e habilitaranse dúas zonas de aparcamento na contorna da pista ecuestre
A tradicional sardiñada de Lieiro pecha cun grande éxito de público as festas de Santa Isabel en Cervo
O delegado territorial da Xunta en Lugo compartiu a xornada de clausura cos veciños desta localidade mariñá
Ecoloxistas Galiza Atlántica e Verde denuncia posibles residuos contaminantes procedentes da balsa de Alcoa
A entidade solicita unha investigación urxente sobre a orixe dos materiais e reclama medidas cautelares para protexer a saúde pública e o medio ambiente
O folclore tradicional encherá de música e danza San Ciprián cos festivais infantil e internacional de Mistura de Lieiro
A praza dos Campos será o escenario os días 17 e 18 de xullo de varias actuacións que poñerán o broche de ouro ás festas do Carme de Cervo
Cervo reforza a formación do persoal da Piscina Municipal para actuar ante emerxencias cardíacas
O Concello impulsa un curso de reciclaxe no uso do desfibrilador e continúa ampliando a rede de espazos cardioprotexidos en todo o municipio
Cervo impulsa unha nova mellora no rural coa creación dun sistema de saneamento en As Cabanas
O proxecto, cun investimento próximo aos 50.000 euros e cofinanciado pola Xunta, dotará ao núcleo dunha rede de saneamento e dunha depuradora autónoma
O PP logra o apoio da Deputación para reclamar unha resposta á ampliación do Museo Provincial do Mar
A iniciativa, impulsada polo Grupo Provincial Popular, insta ao goberno provincial a pronunciarse sobre a proposta do Concello de Cervo, mentres PSOE e BNG optaron pola abstención
A praia do Torno estrea a Bandeira Azul e dá a benvida ao verán en Cervo
O distintivo recoñece a calidade das augas, os servizos do areal e o compromiso coa conservación ambiental
Cervo acollerá a III Carreira de Andadura na pista ecuestre da Bidueira o 11 de xullo
A proba reunirá competición, tradición e convivencia con categorías para todas as idades
Toma posesión José Antonio Álvarez como presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao
As conselleiras do Mar e de Economía e Industria, xunto á delegada territorial da Xunta en Ferrol, asistiron al acto
O PP da Deputación defenderá unha moción para ampliar o Museo Provincial do Mar en Cervo
Os populares instan á institución provincial a dar resposta ao compromiso co Concello de Cervo e asumir a xestión da futura ampliación en San Cibrao
Cervo acolle o Campionato Galego e Interautonómico de Kung Fu con máis de 150 deportistas inscritos
O pavillón do CEIP Península da Paz será escenario dunha cita deportiva que reunirá participantes de varias comunidades autónomas este sábado
Galicia capta 56,5 millóns do PERTE de Descarbonización para proxectos en Cervo, Santiago e San Sadurniño
A maior contía corresponde á planta de Aluminio Español, que recibirá 40,4 millóns de euros
Cervo reforza os seus programas de conciliación e igualdade cunha achega de 55.000 euros
A subvención permitirá apoiar servizos destinados ás familias e impulsar novas accións de sensibilización e formación
Burela rende homenaxe a Rodrigo Maseda antes do inicio do Memorial Heroes de Orzán
O torneo de fútbol sala base reunirá a preto dun milleiro de participantes en diferentes concellos da Mariña
Besteiro reclama axilidade para o futuro de Alcoa e pide avances no forno de cocción
O líder do PSdeG pide acelerar investimentos clave, resolver os residuos e mellorar a conexión eléctrica do complexo industrial da Mariña
Cervo impulsa a recuperación da histórica mina submarina situada no monumento á Armada de San Cibrao
A peza será restaurada no Arsenal de Ferrol coa colaboración da Armada, mentres unha reprodución ocupará temporalmente o seu lugar habitual
O Museo do Mar de San Cibrao reivindica o legado das redeiras cunha instalación artística creada en comunidade
A obra “Nó que non esquece” e o audiovisual “O primeiro eslabón” poñen o foco na memoria, os saberes e o papel esencial das mulleres na cultura mariñeira
A Mariña volverá unir deporte e memoria na XIII edición do torneo Heroes do Orzán
Máis de mil mozos e mozas de distintos puntos da Península competirán en cinco concellos da comarca nun evento que honra o legado de Rodrigo Maseda e dos axentes que perderon a vida no rescate do Orzán
Cervo elimina a taxa de recollida de enseres e reforza a súa aposta pola sustentabilidade
O servizo municipal a domicilio pasa a ser gratuíto para toda a veciñanza co obxectivo de mellorar a xestión de residuos e evitar verteduras incontroladas




