Novas de Cervo
José Manuel Balseiro asume a portavocía de Traballo do PP no Senado
Balseiro afrontará esta nova etapa coa intención de manter o contacto cos axentes sociais e coa realidade do tecido produtivo
O CEIP Península da Paz aprende a actuar ante unha emerxencia cunha charla de primeiros auxilios
O anestesista Francisco Muñoz González, do Hospital Público da Mariña, explicou pautas básicas para responder ante diferentes situacións de emerxencia
Cervo abre as inscricións para unha nova tempada das Escolas Deportivas Municipais
A programación ofrece cinco modalidades para as crianzas e catro para adultos, con preferencia de acceso para as persoas empadroadas no municipio
Cervo Madruga arranca o curso con máis de 30 nenos e nenas inscritos
O servizo gratuíto permite deixar os nenos e nenas nos centros desde as 7.30 horas e inclúe almorzo para quen acceda a primeira hora
Cervo Concilia pecha o verán tras reunir preto de 150 nenos e nenas
O programa municipal combinou deporte, natureza, idiomas e propostas creativas e estreou o servizo Cervo Madruga para ampliar as posibilidades de conciliación
Cervo estrea o renovado parque infantil Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane
O espazo incorpora unha tirolina, novas zonas de xogo e elementos inclusivos tras unha remodelación integral financiada con fondos municipais
O Maderas Barcia Cervo cambia as pistas pola praia para colaborar na limpeza da Caosa
Os membros do club participaron nunha iniciativa destinada a contribuír á conservación deste espazo natural de Cervo
Cervo reunirá as novas promesas do ciclismo galego na III Mini BTT Medela MTB
A proba de ciclismo de montaña contará cun máximo de 300 participantes de categorías de base e as inscricións permanecerán abertas ata o 10 de setembro
O Club Natación PortaMiñá escolle de novo Cervo para preparar a nova tempada
Os nadadores do club lucense adestran na Piscina Municipal Olímpica e completan a súa preparación no Complexo Deportivo da Veiga
A Escola Infantil Municipal de Cervo despide a 19 nenos e nenas que dan o salto ao "cole dos maiores"
O Concello de Cervo ten en marcha unha nova edición de Cervo Concilia, na que participan 125 nenos e nenas.
Ecoloxistas Galiza Atlántica e Verde pide información sobre as concesións de auga e os vertidos de Alcoa
A entidade reclama datos dos últimos 20 anos, os rexistros de consumo de auga e información sobre posibles expedientes sancionadores das instalacións
Cervo pon en marcha clases semanais de baile de salón en San Cibrao
A actividade comezará o 15 de setembro no pavillón do CEIP Península da Paz e permitirá aprender estilos como vals, tango, bachata, salsa ou chachachá
Adxudicada por 3,4 millóns de euros a xestión das plantas de biorresiduos de Verín, Cervo e Vilanova de Arousa
O contrato terá unha duración de tres anos e inclúe a operación, mantemento e limpeza das instalacións, así como a distribución e comercialización do compost obtido
A Festa do Ovo Frito de Cervo celebra a súa XIX edición con 8.000 ovos
A Praza do Souto acollerá o 14 de agosto unha das celebracións máis multitudinarias do verán, con degustación popular, animación de rúa e verbena ata a madrugada
Cervo prepárase para unha noite de lume, tradición e música coa 48ª Queimada Popular
A festa, declarada de Interese Turístico Galego, celebrarase o sábado 22 de agosto cun mercado tradicional, a escenificación da Queimada e as actuacións de A Banda do Elías e Javi Maneiro
O curso de iniciación á forxa tradicional reúne en Sargadelos alumnado de distintos puntos de España e Alemaña
O Concello de Cervo mantén o seu apoio á formación impartida por Telmo Cao para impulsar a conservación dos oficios tradicionais e do patrimonio artesanal
A Maruxaina abre a súa caseta oficial coa venda dos produtos conmemorativos da edición de 2026
Camisetas, bolsas, libros e dúas cuncas exclusivas protagonizan unha colección que conta coa colaboración de artistas e colectivos da comarca
Eventos
A exposición dedicada a Carmen Arias ‘Mimina’ amplía a súa estancia en Sargadelos ata o 12 de agosto
A elevada afluencia de visitantes leva á Plataforma Isaac, Sargadelos a prolongar a mostra, que poderá visitarse todos os días e tamén mediante visitas concertadas
Cervo estrea un Punto de Encontro Familiar para dar servizo a toda a Mariña
O novo recurso, financiado pola Xunta, evitará desprazamentos a Lugo e ofrecerá un espazo seguro para o cumprimento do réxime de visitas e intercambios familiares
Cervo inviste máis de 30.800 euros na mellora da rede viaria de Figueirido
Os traballos permitirán renovar accesos a vivendas, parcelas, a fonte pública e ao Rego de Figueirido, mellorando a seguridade e a accesibilidade da zona
O PSdeG de Cervo denuncia cancelacións de consultas e alerta da falta de médicos nos centros de saúde durante agosto
As socialistas reclaman ao Sergas máis persoal, unha mellor comunicación cos pacientes e medidas para evitar o deterioro da Atención Primaria no municipio
O histórico quiosco de Juana renace como novo punto de información turística en San Cibrao
O Concello de Cervo recupera un espazo emblemático da vila, combinando a conservación da súa identidade coa incorporación de recursos dixitais para promover o municipio
San Cibrao prepárase para celebrar a 41ª Maruxaina cun amplo programa de tradición, música e lecer
A chegada da lendaria Maruxaina á Praia do Torno volverá ser o momento central dunha festa que contará con actividades para todas as idades e un amplo dispositivo de seguridade
San Cibrao celebrará o Día do Turista cunha xornada chea de actividades para toda a familia
O programa do sábado 1 de agosto inclúe concursos, degustación gastronómica, animación infantil e un Entroido de Verán para dinamizar a vila









