O kaiak protagoniza este venres unha nova xornada en Cervo

AMariñaXa
A actividade desenvolverase no peirao de San Ciprián en horario de mañá e tarde
kaiak-cervo
9 Jul 2026

Cervo celebrará este venres unha nova actividade centrada na práctica do kaiak no peirao de San Ciprián. A proposta desenvolverase en dúas quendas. Pola mañá, as persoas participantes poderán desfrutar da actividade entre as 12.30 e as 14.00 horas, mentres que pola tarde continuará de 17.00 a 21.00 horas.

As inscricións realizaranse directamente no peirao de San Ciprián antes do inicio da actividade, que forma parte da programación estival organizada para ofrecer alternativas de lecer durante o verán.

0.1334490776062