O Campus de Baloncesto Drocer puxo fin en Cervo tras unha semana de deporte e formación

O Campus de Baloncesto Drocer puxo este venres o punto e final á súa edición en Cervo despois dunha semana de actividades no Pavillón da Veiga, onde os participantes combinaron adestramentos, aprendizaxe e propostas lúdicas. A iniciativa contou coa colaboración do Club Deportivo San Ciprián.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, asistiu ao acto de clausura, no que felicitou aos nenos e nenas que participaron no campus e agradeceu o labor desenvolvido polo equipo técnico. Como recordo da súa participación, todos os asistentes recibiron unha camiseta e unha bolsa conmemorativas do campus.
Desde o Concello de Cervo destacaron o seu compromiso co apoio a iniciativas deste tipo, orientadas a fomentar a práctica deportiva, os hábitos de vida saudables e a transmisión de valores entre a infancia e a mocidade.