O xadrez volve ao programa Enredando no Verán para a mocidade de Cervo

AMariñaXa
As clases celebraranse os luns na Casa da Cultura e están dirixidas a mozos e mozas de entre 13 e 18 anos
CERVO clases xadrez
2 Jul 2026

O Concello de Cervo incorpora de novo clases de xadrez dentro do programa Enredando no Verán, unha proposta municipal pensada para ofrecer actividades educativas, culturais e de lecer durante os meses estivais.

As sesións desenvolveranse todos os luns, de 12.30 a 14.00 horas, na Casa da Cultura, e estarán dirixidas a mozos e mozas de entre 13 e 18 anos. A actividade busca achegar a mocidade a unha disciplina que favorece a concentración, a planificación, a toma de decisións e o pensamento estratéxico.

As persoas interesadas poden formalizar a inscrición na Casa da Cultura. Tamén é posible solicitar máis información a través do teléfono 982 59 51 57 ou no correo electrónico casadacultura@concellodecervo.com.

A iniciativa forma parte da programación de Enredando no Verán, coa que o Concello de Cervo aposta por alternativas de ocio formativo para a infancia e a mocidade durante o período de vacacións.

0.15840482711792