A III Carreira de Andadura obrigará a cortar ao tráfico un treito da estrada entre Río Cobo e San Ciprián este sábado

AMariñaXa
A circulación permanecerá restrinxida entre as 9.00 e as 21.00 horas e habilitaranse dúas zonas de aparcamento na contorna da pista ecuestre
carreira-de-andadura-cervo
10 Jul 2026

A celebración da III Carreira de Andadura provocará restricións de tráfico este sábado, 11 de xullo, na estrada que une Río Cobo e San Ciprián.

O corte afectará ao treito comprendido entre a intersección da Senra-Castelo e o cruzamento de San Ciprián-Cervo-Sargadelos, permanecendo pechado á circulación entre as 9.00 e as 21.00 horas.

Durante ese período, a vía quedará habilitada nun único sentido exclusivamente para o persoal da organización e para o público asistente ao evento.

Co obxectivo de facilitar o acceso, habilitaranse dúas zonas de aparcamento na contorna da pista ecuestre, onde se desenvolverá a competición organizada pola Asociación Cabaleiros da Bidueira coa colaboración do Concello.

0.1181960105896