Viveiro inicia o martes o asfaltado de seis rúas da zona de Cantarrana

AMariñaXa
Os traballos de fresado e aglomerado comezarán pola tarde e o Concello pide retirar os vehículos estacionados durante a mañá para facilitar as actuacións
asfaltado-na-zona-de-Cantarrana-Viveiro
19 Oct 2026

O Concello de Viveiro iniciará este martes 20 de outubro pola tarde os traballos de fresado e asfaltado na zona de Cantarrana, que afectarán a seis rúas. Para facilitar o desenvolvemento das actuacións, o goberno local solicita á veciñanza que retire os vehículos estacionados nestas vías durante a mañá.

As obras desenvolveranse nas rúas Otero Pedrayo, Pascual Veiga, Castelao, Alexandre Bóveda, Cantarrana e Celso Emilio Ferreiro. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa para advertir dos traballos e das restricións que poidan producirse.

Durante a execución das obras poderán rexistrarse cortes puntuais de circulación, aínda que se procurará manter o acceso aos garaxes da zona na medida do posible.

A duración das actuacións dependerá das condicións meteorolóxicas e da evolución dos traballos. O Concello agradece a colaboración da veciñanza e pide desculpas polas posibles molestias derivadas destas intervencións.

0.15452599525452