Mondoñedo asfaltará a explanada do aparcadoiro do cemiterio municipal

O Concello de Mondoñedo acometerá nas próximas semanas os traballos de asfaltado da explanada do aparcadoiro do cemiterio municipal, unha intervención que poderá provocar restricións no acceso a este espazo mentres se desenvolven as obras.
O goberno local informou de que estas limitacións serán necesarias para executar os traballos nas condicións axeitadas e pediu ter en conta esta circunstancia á hora de acceder ao recinto.
A actuación desenvolverase nun período de especial afluencia ao cemiterio, polo que o Concello asegura que está a traballar para que as obras queden rematadas canto antes e reducir así as posibles molestias ás persoas usuarias.