Novas de Xove
Xove busca novas vías de colaboración para reforzar as súas infraestruturas
A conselleira María Martínez Allegue reuniuse co alcalde José Demetrio Salgueiro para analizar actuacións vinculadas á mobilidade e á seguridade viaria no municipio
Xove homenaxea a Mateo tras representar a Galicia nos GAA World Games
O Concello recoñece a traxectoria do deportista e reafirma o seu apoio ao deporte e aos atletas locais
Xove abre o prazo para solicitar as axudas municipais ao estudo
As subvencións, destinadas a gastos de comedor, estancia e transporte, poderán solicitarse ata o 11 de agosto
O PSdeG de Xove reclama ao Concello que inspeccione e limpe as parcelas con risco de incendio
Os socialistas piden actuar nas franxas de protección próximas ás vivendas e a infraestruturas sensibles e instan ao Goberno local a facer cumprir a normativa vixente
A Festa do Percebe de Xove reivindica a excelencia do marisco galego na súa décimo terceira edición
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, destacou o traballo dos percebeiros lucenses durante unha celebración na que se repartiron máis de 1.500 racións
O BNG de Xove reclama unha mellor planificación dos desbroces nas pistas municipais
A formación nacionalista levará ao pleno de setembro unha iniciativa para que o Concello coordine estes traballos atendendo ás necesidades da veciñanza e ao mantemento do patrimonio local
Xove prepara unha nova cita co mellor ciclismo nacional na IV edición do Gran Premio Pumptrack
A competición, integrada na Copa de España, reunirá o 11 de xullo a corredores de distintas categorías nunha proba xa consolidada no calendario deportivo
Un investimento de máis de 800.000 euros transformará a rede viaria de Xove para reforzar a seguridade
A Deputación de Lugo inicia a reforma de tres estradas provinciais como paso previo á súa cesión definitiva ao Concello
A Audiencia Nacional obriga a Alcoa a devolver 36,6 millóns de euros por incumprir as condicións dunhas axudas públicas
O tribunal avala a decisión do Ministerio de Industria e considera que a parada das cubas de San Cibrao e a comunicación do despedimento colectivo de 2020 vulneraron os requisitos esixidos para manter as subvencións
A praia de Lago, en Xove, acollerá unha tarde de xogos e diversión coa Festa Acuática
A cita celebrarase o sábado 4 de xullo a partir das 16.30 horas e contará con inchables acuáticos para o desfrute de pequenos e maiores
A Escola de Maiores de Xove pecha o curso cunha xornada de convivencia e entrega de diplomas
O Concello impulsa novas actividades de memoria e estimulación cognitiva para persoas maiores de 60 anos tras o remate do programa formativo
Xove abre o verán cun amplo programa de actividades para a infancia, a mocidade e as persoas maiores
O Concello ofrecerá durante os próximos meses propostas deportivas, educativas e de lecer, con inscricións a través da OMIX e prazas limitadas en boa parte das iniciativas
A escola de natación de Xove impulsa unha nova campaña formativa para o verán
A entidade ofrecerá cursos durante os meses de xullo e agosto para diferentes idades e niveis, combinando aprendizaxe, lecer e actividade física na auga
A Mariña volverá unir deporte e memoria na XIII edición do torneo Heroes do Orzán
Máis de mil mozos e mozas de distintos puntos da Península competirán en cinco concellos da comarca nun evento que honra o legado de Rodrigo Maseda e dos axentes que perderon a vida no rescate do Orzán
A ampliación da balsa de lodos aviva a controversia ecolóxica
Entre a ampliación da balsa, as denuncias ecoloxistas e a incerteza industrial, a factoría de San Cibrao segue no centro dun debate que divide á comarca
Xove converteuse no centro da entrega das Bandeiras Azuis de Galicia 2026
A Praia de Esteiro acolleu o acto oficial de recoñecemento aos areais, sendeiros e clubs náuticos distinguidos pola súa calidade ambiental e os seus servizos
A Rigueira prepárase para vivir este sábado a Romaría do San Antonio Ventureiro 2026
A Festa de Interese Turístico de Galicia reúne camiñantes, tradición e animais de compañía nunha das citas máis singulares do calendario festivo de Xove
A militancia socialista de Xove elixiu a Aida López Cuadrado como nova secretaria xeral da dirección local
O PSdeG abre así unha nova etapa coa constitución da agrupación local e da Comisión Executiva Municipal
Xove prepárase para vivir unha nova edición do San Antonio da Rigueira
A romaría, recoñecida como Festa de Interese Turístico de Galicia, reunirá o 13 de xuño tradición, música, gastronomía e convivencia
O comercio local da Mariña premiará as compras cunha campaña que repartirá 1.000 euros
Burela, Xove, O Vicedo, Covas e Cervo participan nunha iniciativa para incentivar as vendas e reforzar o consumo de proximidade entre o 1 e o 15 de xuño
Xove abre as inscricións para participar na Romaría do San Antonio Ventureiro da Rigueira 2026
A celebración, recoñecida como Festa de Interese Turístico de Galicia, volverá reunir camiñantes e animais de compañía o vindeiro 13 de xuño
Xove e Alcoa informan sobre o plan de emerxencia mentres medra a preocupación polo impacto ambiental dos barros vermellos
A balsa de residuos da planta de alúmina, sinalada por colectivos ecoloxistas, concentra riscos para o medio e para a saúde en caso de accidente
Xove abre o prazo de inscrición para unha nova edición do programa municipal de conciliación de verán
O servizo, dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 10 anos, facilitará a conciliación de máis de setenta familias durante as vacacións escolares
Cincuenta anos de aulas, lembranzas e futuro no CEIP Pedro Caselles Rollán
O centro educativo celebra os seus 50 anos reivindicando a educación pública, a innovación pedagóxica e o vínculo coa comunidade como sinais de identidade




